Presentación do Campionato Galego Infantil de Hockey Sala

As instalacións de Expourense, hoxe instalación deportiva para o hóckey sala, serán escenario do Campionato Galego de Hóckey Sala na categoría infantil masculino e feminino.


A Federación Galega de Hóckey, coa colaboración de Expourense organiza o Campionato Galego Infantil de Hóckey Sala o vindeiro 30 de abril de 2022 ao longo de todo o día, nas instalacións de Expourense.
Na presentación deste campionato, celebrada esta mañá en Expourense, participaron o xefe de Deportes da Xunta en Ourense, Manuel Pérez; o asesor en Deportes da Deputación de Ourense, Bernardino González; o presidente da Federación Galega de Hockey, Alberto Estévez; e o director deportivo de Expourense, Mario González.


O recinto feiral de Expourense volve ser un referente autonómico na celebración de actividades deportivas. Pouco a pouco, e grazas a aposta da administración autonómica, provincial e local, estase a converter paseniñamente nunha verdadeira Casa do Deporte. Despois dunhas semanas de Bádminton ven o Hóckey sala, da man da Federación Galega de Hóckey.


Os xogadores e xogadoras infantís terán o privilexio de xogar seu Campionato Galego de Hóckey Sala na mesma cancha onde se disputou o Campionato de Europa de Federacións Feminino, nas instalacións do Paco Paz o europeo e neste caso, este pavimento se instala no recinto de Expourense.


Será un evento que atraerá a Ourense a unha ducia de equipos de toda a comunidade galega. Isto achegará a Expourense a máis de dous centos de persoas, entre xogadores, técnicos, persoal federativo e público, o que agardamos sexa un éxito organizativo e de seguimento, ao igual que o resto de competicións desenvolvidas nestas instalacións.

X