Os 55 expositores da II Feira da Educación ofrecen á mocidade centos de opcións para orientar o seu futuro profesional

  • Organizada de forma conxunta entre a Xunta de Galicia, a Deputación de Ourense e Expourense abriu hoxe as súas portas consolidada como unha cita que recolle a excelencia da oferta formativa galega
  • Esta segunda edición duplica a superficie expositiva e acolle na súa primeira xornada a estudantes de Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional de distintas partes da provincia de Ourense

A segunda edición da Feira Educativa de Ourense abriu as súas portas en Expourense cunhas cifras de participación, tanto de expositores como de visitantes, que a consolidan como o gran espazo de innovación e cooperación educativa para a mocidade da provincia de Ourense. Trátase dunha cita organizada de forma conxunta entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Educación, Ciencia, Universidade e Formación Profesional, a Deputación Provincial de Ourense e Expourense. Participan un total de 55 expositores que ofrecen aos visitantes centos de opcións para orientar o seu futuro profesional cara a realización dun ciclo de Formación Profesional, dun Grao universitario, ou optar a outras opcións como converterse en piloto de aviación, Policía Nacional, Garda Civil ou membro das Forzas Armadas, entre outras.

A segunda edición da Feira da Educación foi inaugurada esta mañá polo presidente da Deputación Provincial de Ourense, Luis Menor, e a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Xunta de Galicia, Judith Fernández Novoa. Luis Menor destacou na súa intervención que nesta feira “o alumnado ten a oportunidade de coñecer de primeira man unha gran oferta educativa plural, variada e de calidade xa que Galicia conta cun excelente sistema educativo e un inmellorable capital humano”.

Pola súa parte, a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, calificou a esta feira como “un espazo vivo de encontro, inspiración e descubrimento que permite descubrir a capacidade innovadora galega, a súa calidade educativa, o compromiso do seu profesorado e a riqueza das súas propostas pedagóxicas”.

Na primeira xornada de mañá desta feira recibiuse a visita de preto de 2.000 estudantes dos últimos cursos da ESO e de Bacharelato ou de Formación Profesional de centros educativos de toda a provincia de Ourense, visitas que continuarán na xornada de mañá con outros centros. As visitas desta tarde están xa orientadas ás familias e aos docentes, xa que ademais de axudar á mocidade a orientar o seu futuro, esta cita quere converterse nun punto de encontro para que o persoal docente poida coñecer as novidades educativas e establecer redes e sinerxias con outros profesionais.

Os rapaces e rapazas que visitaron Expourense esta mañá puideron coñecer a oferta formativa presente en Galicia e tamén de Universidades do resto de España e de Portugal. A visita completouse con numerosas exhibicións e obradoiros para coñecer de preto as opcións innovadoras que ofrecen os distintos ciclos impartidos nos centros de Formación Profesional da provincia. Estas mostras completáronse coas actividades ofrecidas pola Escola de Danzas, a Escola de Gaitas, o Obradoiro de Instrumentos e a Escola de Artes e Oficios da Deputación Provincial de Ourense.

Centros educativos e universidades participantes

No que atinxe ás universidades participantes, está as tres universidades públicas galegas (Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo-Campus Auga e Universidade de A Coruña) así como a UNED en Ourense. Tamén participan a Universidade Pontificia de Salamanca, Centro de Estudios Universitarios CEU San Pablo (Madrid), CESUGA (A Coruña), Universidad Nebrija (Madrid), Centro Universitario de Tecnología y Arte Digital U-Tad (Madrid), Universidad de Deusto (Madrid/País Vasco), Universidad Europea  de Madrid, Residencia Universitaria Camplus (Sevilla, Pamplona, Oviedo, Castellón), Universidade UNIE (Madrid), Universidad Intercontinental de la Empresa (ABANCA), la Escola Politécnica de Viana do Castelo (Portugal), Forein Study league (Madrid) e Universidad Francisco de Vitoria (Madrid).

Participan ademais outros centros de formación especializada de Ourense como Big Formación, Multimedia School, Kilómetros y Millas, SAFE Formación ou Talleres José María. Dende A Coruña participa como expositor a Escola de Pilotos Atlantic Air Academy.

Tamén están presentando a súa oferta formativa outras entidades como a AGACAL da Consellería do Medio Rural ou os Polos de Emprendemento da Consellería de Economía, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia.

Participan ademais outras entidades públicas e privadas como a Tesorería General de la Seguridad Social, o grupo Recoletas Salud, a Policía Nacional, a Garda Civil ou as Forzas Armadas.

Os centros educativos que están participando como espazos de innovación serán, entre outros: Centro Galego da Innovación da Formación Profesional, CIFP A Farixa, CIFP Vilamarín, CIFP A Carballeira, CIFP Portovello, IES O Ribeiro, IES Manuel Chamoso Lamas, IES Universidade Laboral, IES 12 de outubro e a Escola de Arte Antonio Failde.

Tamén expoñen varios centros educativos da provincia como os colexios Plurilingüe Irmáns Villar (Ourense), Virxe de Covadonga (Ourense) yePadre Crespo (Xunqueira de Ambía), o Colexio Rural Agrupado Amencer (Ribadavia), os institutos Celanova Celso Emilio Ferreiro (Celanova), Xesús Ferro Couselo (Ourense), Otero Pedrayo (Ourense) e Universidade Laboral (Ourense), xunto co Centro Residencial Docente e unha mostra de recursos educativos en préstamo do Centro de Formación e Recursos de Ourense.

O horario de feira de mañá xoves será de 10:00 a 14:00 h. A entrada é gratuíta. Ás 10.30 h. a feira recibirá a visita do conselleiro de Educación, Ciencia, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia, Román Rodríguez, e do deputado de Representación Institucional da Deputación Provincial de Ourense, Rosendo Fernández.

X