>> O salón ofrece esta fin de semana máis de 400 opcións de 28 marcas e todas as gamas e motorizacións que varían entre o 8.990 e os 94.000 euros
>> O obxectivo desta cita é converterse nunha ferramenta para dinamizar o mercado de coches na provincial e baixar a idade media do parque móbil gañando en seguridad e sustentabilidade
O VIII Car Outlet Ourense abriu hoxe as súas portas ofrecendo importantes descontos especiais de feira que teñen o obxectivo de contribuir a dinamizar as ventas de coches na provincia de Ourense conseguido a un tempo rexuvenecer o seu paque móbil (18,2 anos de media) e gañar en seguridade e sustenmtabilidade. Para acadalo, 20 concesionarios que representan a 28 marcas (máis do 90% das que operan mercado español) ofrecen maís de 400 coches seminovos, kilómetro cero ou de ocasión con importantes descontos e vantaxes.
A entrega inmediata, as facilidades de financiamento, as garantías que ofrecen os concesionarios oficias (ata 10 anos nalgúns casos) e o aforro que supón comprar un vehículo xa matriculado (pode ser ata un 40% máis barato ca novo) convértense nos principais reclamos do VIII Car Outlet Ourense. Trátase dunha cita coorganizada entre Expourense e a Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense, ACAUTO, e que conta co apoio da Deputación Provincial de Ourense.
Esta mañá organizouse unha visita aos expositores na que participaron distintas autoridades locais e provinciais que quixeron a acompañar aos membros de ACAUTO, unha asociación empresarial que no mes de xuño cumpre 30 anos de historia e cooperación e cuxa celebración quixeron adiantar nesta cita ofrecendo o que denominaron “os mellores prezos do ano”.
O VIII Car Outlet Ourense estará aberto ata este domingo 19 de abril e ofrece boas oportunidades do mercado de vehículos de ocasión e segunda man e seminovos, puidendo atoparse vehículos que acaban de ser matriculados ata outros con ata 7 anos de antigüidade. A oferta do salón é moi variada, cubrindo todasas gamas posibles e motorizacións, xa que os híbridos e eléctricos comezan a medrar no mercado de ocasión. Esta cita reflicte ademais a consolidación no mercado ourensán de novas marcas asiáticas (MG, Omoda ou Jaecco); de marcas exclusivamente eléctricas como Leap Motor ou ByD ou de marcas clásicas de camións reconvertidas á fabricación de utilitarios como EBRO.
Dende ACAUTO que o perfil de coche máis demandado é o que ten entre 2 e 5 anos de antigüidade, diesel, e que ronde entre os 15.000 e os 20.000 euros., franxa de prezo onde se atopan a maioría dos vehículos expostos A oferta é tan variada que o abano de prezos desta edición volve ser moi amplo e pode atoparse dende un Opel Astra de 2019 con 100.000 kms por 8.990 euros ata un Mercedes Benz GLE de 2024 con 20.000 kms por 94.000 euros
O horario de apertura do salón será hoxe venres ata as 20.30 h. mañá sábado 18 de abril de 10.00 a 20.30 h. e o domingo 19 de abril de 11.00 a 20.00 h. A entrada terá un custo de 3 euros, sendo gratuíta para os menores de 12 anos. Para facilitar a elección do vehículo e ser un bo plan familiar para a fin de semana, o salón conta con Servizo de Ludoteca gratuíto que terá o seguinte horario: sábado de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 h. e domingo de 12.00 a 14.00 h. e de 16.30 a 20.00 h.
Marcas participantes VIII Car Outlet:
Audi
BMW
BYD
Citroën
Cupra
Dacia
Ebro
Fiat
Ford
Hyundai
Jaecoo
Jeep
Kia
Leapmotor
Mazda
Mercedes
MG
Nissan
Omoda
Opel
Peugeot
Renault
Seat
Skoda
Suzuki
Toyota
Volvo
Volkswagen




