• Trátase dunha cita organizada entre Expourense e A.C.A.U.T.O. coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense
• 14 empresas presentan unha vintena de novidades en 18 marcas nas que priman os coches eléctricos
O 13º Salón do Automóbil abriu hoxe as súas portas en Expourense nunha edición especial na que, por primeira vez se mestura a presentación de novidades cos vehíclos seminovos, Km. 0 ou Ocasión. Trátase dun salón que se montou en tempo record xa que hai apenas dous días que se desconvocou a folga do metal en Ourense, o que permitiu a organización express deste salón que ofrece dende hoxe e ata este domingo máis de 350 vehículos. Trátase dunha cita vecellada cun dos sectores comerciais de maior peso na provincia de Ourense, o da automoción, e que está organizado de forma conxunta entre Expourense e A.C.A.U.T.O. coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense.
O delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén; o vicepresidente da Deputación Provincial de Ourense, Rosendo Fernández; e a presidenta da CEO, Marisol Novoa, todos eles membros do Padroado da Fundación Expourense, visitaron esta mañá o salón acompañado por distintos empresarios do sector e polos membros de ACAUTO. Estas autoridades felicitaron aos expositores por ser quen de montar un salón tan completo en tan só dous días. “Para os concesionarios de Ourense, este salón é a cita máis importante do ano e todos fixemos un gran esforzo para poder celebralo. É unha cita clave na venda de vehículos anual en Ourense, reactiva o mercado e contribúe a rexuvencer o parque móvil da provincia”, indicou a Vocal de ACAUTO, Eva Andre, durante a visita.
Participan nesta cita un total de 14 empresas que representan a 18 marcas que estaán presentando ademais unha vintena de modelos novos que se comercializarán na campaña 2022/2023. As marcas representadas son: Audi, BMW, Citroen, Cupra, Dacia, Ford, Hyundai, KIA, Mazda, Nissan, Opel, Peugeot, Porsche, Renault, Seat, Skoda, Toyota, Volkswagen e Volvo.
As novidades que poden atoparse neste 13º Salón do Automóbil son as seguintes: BMW X1; Cupra BORN, primer eléctrico 100% español; Ford Tourneo Connect, Hyundai Ioniq 5; Kia Xceed; Mazda CX60; Nissan Ariya; Opel Corsa 40º aniversario; Presentación virtual do Peugeot 408; Renault Megane 100% eléctrico; Alpine A110; Dacia Jogger; Skoda Enyaq; Toyota Yaris Cross; Volkswagen T ROC e ID.5; Volvo c40 e Citroen C5 Aircross.
A grande maioría destas novidades presentadas son coches eléctricos, xa que a tendencia do mercado parece estar clara. Segundo indican os expositores, estase acabando o periodo de incerteza sobre qué tipo de motorización elixir á hora de mercar un coche e a tendencia pasa obrigatoriamente pola electrificación. Marcas como Volvo, por exemplo, teñen o obxectivo e producir en 2030 unicamente vehículo eléctrico. “Sempre vai depender das necesidades de cada un, pero o cliente comeza a estar preparado xa para dar o salto definitivo ao vehículo eléctrico”, indican dende ACAUTO.
Ao ser un salón mixto entre vehículo novo e de ocasión, o abano de prezos dos 350 coches dispoñibles vai dende os 9.200 euros dun Renault Megane de Ocasión ata os 130.000 euros do novo BMW M3.
Como incentivo para animar aos visitantes a axilizar o proceso de decisión, a organización volverá sortear, entre os visitantes que pechen a compra dun automóbil novo ou de ocasión nestas citas, un cheque regalo por importe de 6.000 euros a descontar do precio de compra do vehículo adquirido.
Este ano repítese tamén a colaboración con Cáritas Ourense, entidade que recibirá ao rematar estas citas 15 euros por cada vehículo vendido que será achegada entre Expourense e ACAUTO.
O horario do 13º Salón do Automóbil será mañá venres 21 de outubro de 11.00 a 20.30 h.; o sábado 22 de outubro de 10.00 a 20.30 h., e o domingo 23 de outubro de 11.00 a 20.00 h. O prezo da entrada son 3 euros (menores de ata 12 anos teñen entrada gratuíta). Haberá ademais servizo de ludoteca gratuíto.