Funtastik ofrece diversión, deporte e concienciación ambiental en Expourense do 4 ao 13 de outubro
>> O recinto acolle a primera edición deste evento que inclúe un área de “LEGO”, outra de “Los Pitufos”, pista de patinaxe, xincanas, circuítos de obstáculos e o inchable máis grande de España
>> O horario de apertura é de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h. Participarán unha vintena de colexios de toda a provincia e estará aberto a familias
>> As entradas teñen un custo de 9 euros que poden adquirirse na billeteira de Expourense o una web www.ataquilla.com
>> Esta actividade está organizada pola empresa Mantesil contando co apoio principal da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia e pola Deputación Provincial de Ourense
Chega a Expourense a primeira edición de Funtastik “No limits”, un evento que aúna educación e diversión, nun universo multi experiencia que posteriormente percorrerá o resto das provincias galegas. Dende o venres 4 de outubro ata o domingo 13, o recinto feiral converterase nun gran parque de atracións que contará pista de patinaxe ecolóxica, tren infantil, circuítos de obstáculos onde realizar probas de esforzo e superación e inchables de salto xigantes (un deles é o máis grande de España). Haberá ademais dúas áreas adicadas á construción con pezas “LEGO” e un parque temático de “Los Pitufos”, que servirán como fío condutor para educar nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, con fichas educativas, vídeos e mensaxes formativas.
Trátase dun espazo para todos os públicos que estará aberto do 4 ao 13 de outubro de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00h estando reservado polas mañás de días lectivos aos escolares dunha vintena de centros educativos da provincia de Ourense. Nas sesións de tarde entre semana e as dúas fins de semana estará aberto tamén para as familias que queiran asistir. A entrada ten un custo de 9 euros por persoa e poderá adquirirse na billeteira física de Expourense o una web www.ataquilla.com
A primeira edición de Funtastik, que nace con vocación de continuidade no tempo en vindeiras edicións, foi presentada esta mañá en Expourense nun acto no que participaron o delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense e presidente do comité executivo de Expourense, Manuel Pardo; o vicepresidente da Deputación de Ourense, César Fernández; o director territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia, Jorge Rubén Sampedro; o director xerente de Expourense, Rogelio Martínez, e o xerente da empresa Mantesil, Berto Fernández. Esta presentación incluíu ademais un vídeo do Director Xeral Mundial de Los Pitufos, Philippe Glorieux, animando a visitar Funtastik.
Funtastik é un evento promovido pola empresa da Rúa de Valdeorras, Mantesil, que conta co apoio principal de entidades públicas como a Xunta de Galicia e da Deputación Provincial de Ourense e tamén coa colaboración das empresas Frigo, Eroski e Familia.