Máis de 4.000 persoas participaron nos Xogos Deportivos Inclusivos de Sportur Galicia

Expourense converteuse nunha gran pista polideportiva na que se pudieron practicar unha vintena de deportes.

Nesta última xornada desputáronse as Copas Deputación de Minibalonmán e Pequevolei que convocaron a centos de deportistas e ás súas familias

Ourense, 30.05.2026.- Expourense converteuse durante tres días nunha gran cancha
polideportiva na que a vintena de asociación participantes organizaron clases abertas,
exhibicións, torneos e Copas Deputación que convocaron en total a 4.000 deportistas
de todas as idades con e sen diversidade funcional.
Máis alá da instalación da pista de atletismo cuberta entre os meses de decembro e
marzo, Expourense posiciónase así como un dos grandes espazos deportivos a ter en
conta á hora de organizar copas e campionatos a nivel autonómico ou nacional, xa
que o pavillón central do recinto, de 8.000 metros cadrados sen columnas, permite a
instalación de distintos tipos de canchas para practicar, como se puido ver nestes
Xogos Deportivos, unha vintena de deportes.
Se nas dúas primeiras xornadas se contou coa visita e participación activa de
escolares de Primaria e Secundaria de distintos centros educativos da provincia de
Ourense, hoxe sábado foi o día adicado ás competicións provinciais de todas as
categorías. Hoxe foi un día de medallas, trofeos e fotos de equipo. Entre outras
competicións, hoxe desputouse a Copa Deputación de MiniBalonmán e a de
Pequevolei que convocaron ao longo de toda a xornada a centos de deportistas e ás
súas familias. Houbo ademais torneos de Roller Cross e Bádminton e clases abertas
de esgrima antiga.
A novena edición de Sportur Galicia continuará os días 3 e 4 de decembro coa
celebración do VII Congreso Internacional sobre Turismo e Deporte, centrado xa no
aspecto profesional deste sector.
Sportur Galicia-Xogos Deportivos estivo organizado por Expourense co apoio
Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e da Deputación Provincial de
Ourense.

Expourense remata así a actividade feiral do primeiro
semestre do ano aínda que a actividade continúa esta mesma semana. O mércores 3 de xuño, ás 10.30h. presentará a súa Memoria de Actividades correpondente ao ano 2025 e o sábado 6 acollerá o primeiro dos concerto do Ou Yeah Fest! que inclúe a actuación de Kittym Dausy and Lewis; The Rapants y Loquillo.

X