“Calidade 4.0”. Este é o lema do Día Mundial da Calidade 2019 que se celebra este xoves 7 de novembro e que, como é habitual, Expourense conmemorará organizando unha Xornada de Exaltación. Esto inclúe a entrega dos Premios “Líderes en Calidade” a empresas e institucións galegas recoñecidas por ser un modelo a seguir nos seus respectivos sectores e das que destaca o seu compromiso coa Calidade e co Medio Ambiente.
Esta iniciativa ten como obxectivo sensibilizar tanto a empresas privadas como a entidades públicas da necesidade de incorporar aos seus modelos de xestión as directrices da calidade e do medio ambiente, co fin de prestar servizos eficientes e acadar a satisfacción do cliente. Deste xeito, poténciase a existencia de empresas e administracións competitivas nun escenario globalizado.
IX Premios Líderes en Calidade
Por noveno ano consecutivo, un xurado integrado polo Comité Executivo de Expourense, a entidade de certificación AENOR e a consultora Serviguide, elixiu ás empresas e institucións merecedoras dos premios “Líderes en Calidade” a empresas e entidades galegas. Éstas pertencen aos sectores que máis preocupan ao cidadán como son a Alimentación, a Sanidade, a Educación, o Medioambiente-Sustentabilidade ou os servizos sociais.
A xornada, que comezará ás 10.30 h., incluirá unha presentación de cada empresa ou institución distinguida sobre a súa experiencia ao incorporar a calidade e o Medio Ambiente ao seu modelo de xestión. Con esta acción, o Padroado de Expourense pretende contribuir a poñer en valor o esforzo das organizacións que se dotan de sistemas que lles permiten competir mundialmente, independentemente da súa dimensión, e que poden servir de modelo a outras empresas.
As entidades elixidas como “Líderes en Calidade” polo xurado no 2019 son:
• * Sector Alimentación. Cafés Lisboa (Ourense).
• * Sector Sanitario. Servizo de Cardioloxía da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza (A Coruña).
• * Internacionalización. Grupo Cuevas (Ourense).
• * Sector Educación. Fundación Paideia (A Coruña).
• * Medioambiente. Grupo Aludec (Pontevedra).
• * Servizos sociais: ASPANAES (A Coruña).
A entrega de premios está prevista para as 12.10 h. e a continuación servirase un viño galego. A entrada é libre pero require de inscrición previa a través de expourense@expourense.org ou do número de teléfono 988 36 60 30.
Con esta actividade xa habitual no calendario de eventos de Expourense, a Fundación contribúe a cumprir os seus obxectivos anuais que pasan por fomentar entre as empresas en particular e o resto da sociedade en xeral: a Internacionalización, a Calidade, a Innovación, Emprendemento e a Formación.