Expourense convértese nunha gran cancha polideportiva para celebrar Sportur Galicia que estará centrado en Xogos Deportivos Inclusivos

O IX Salón do Deporte e Turismo Activo terá lugar en Expourense entre o 28 e o 30 de maio e contribuirá a posicionar ao deporte como ferramenta inclusiva.

Conta cunha vintena de entidades deportivas que ofrecen un completo
programa con actividades, exhibicións e adestramentos abertos tanto a deportistas como a afeccionados

Ourense, 26.05.26- Expourense converterase de novo esta semana nunha gran
cancha polideportiva que acollerá exhibicións, torneos e campionatos dunha vintena
de disciplinas deportivas. Trala boa acollida da primeira edición especial adicada aos
xogos deportivos en maio de 2025, Sportur Galicia, o IX Salón do Deporte e Turismo
Activo, repite formato e celebrarase entre o 28 e o 30 de maio co obxectivo de
promover o “deporte para todos”. Durante 3 días federacións, clubes e asociacións
deportivos compartirán espazo en Expourense con distintas asociacións de persoas
con diversidade funcional ou pertencentes a distintos colectivos sociais.
Sportur Galicia divídese así en dúas partes e celebra no mes de maio a área deportiva
e práctica, deixando para o mes de decembro a súa compoñente máis profesional a
través do VII Congreso Internacional de Turismo e Deporte e da área expositiva
vencellada co Turismo. Congreso e exposición están previstas para o 3 e 4 de
decembro de 2026.
Trátase dun evento destinado a todos os públicos (deportistas, afeccionados ou
principiantes de todas as idades, ademais das familias). O obxectivo é convertirse nun
escaparate para as federacións deportivas de toda a comunidade que aproveitarán a
súa presenza en Sportur para promocionarse organizando distintas exhibicións,
adestramentos e clases abertas para os visitantes.
O programa “XOGADE” de deporte escolar promovido dende a Secretaria Xeral para o
Deporte, organizará duas xornadas adicadas a Multideporte e a Hockey e
Minibalonmán. Pola súa parte, a Deputación Provincial de Ourense ofrece a
posibilidade de realizar Remo Indoor (con máquinas e remo virtual a través do seu
Programa de Fomento Deportivo 2026 e que neste caso correrá a cargo do Clube Náutico Castrelo de Miño.
Desputaranse ademais varias “Copa Deputación” de distintos deportes.

As federacións e asociacións e clubes deportivos presentes en Sportur Galicia
realizarán distintas actividades que poden consultarse en www.sporturgalicia.com. Os
deportes que estarán representados nesta cita son: Bádminton; Balonmán; Ciclismo;
Esgrima; Fútbol sala; Hockey; Orientación; Patinaxe roller cross; Promoción do COB;
Remo Indoor; Tai-chi; Tenis Pickleball; Voleibol e Cachibol; Wushu e Xadrez.
Ademais da participación de escolares de Primaria e Secundaria de distintos centros
escolares da provincia de Ourense, está confirmada a participación de membros de
distintas entidades con diversidade funcional ou que representan a colectivos
específicos. Participarán nesta segunda edicion de Xogos Deportivos: Fundación San
Rosendo (Los Milagros e Unidade Terapéutica San Rosendo); Down Ourense;
Asociación Trama; Fundación Secretariado Gitana; Centro de Menores Monteledo;
Hospital Saúde Mental do Sergas; Centro de Menores da Cruz Vermella de Verin
Sportur Galicia está organizado por Expourense co apoio Secretaría Xeral para o
Deporte da Xunta de Galicia e da Deputación Provincial de Ourense.
A entrada a Sportur Galicia é gratuíta. As novidades desta cita poden seguirse a través
da súa web www.sporturgalicia.com ou dos perfiís en Facebook e Instagram. O horario
de feira será o mesmo durante os tres días: de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00
horas.
Esta edición especial de Sportur Galicia foi presentada esta mañá na delegación
territorial da Xunta de Galicia nun acto no que participou o delegado territorial da Xunta
de Galici a e presidente do comité executivo de Expourense, Manuel Pardo; o asesor
de Política Deportiva da Deputación Provincial de Ourense, Enrique Álvarez; e o
coordinador de Deportes de Expourense, Emilio González..

X