• Organizado por Expourense e A.C.AU.T.O. e coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense e ABANCA, abriu hoxe as súas portas coa participación de 14 concesionarios oficiais de Ourense que representan a 20 marcas
Ourense, 06/05/2022.- O aforro, as facilidades de financiamiento e, sobre todo, a entrega inmediata son os principais reclamos do IV Car Outlet Ourense que abriu esta mañá as súas portas ofrecendo 400 vehículos de 20 marcas con entre 2 meses e 10 anos de antigüidade con descontos que de media acadan o 30%. Esta é a aposta dos 14 concesionarios oficiais asociados a Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense, ACAUTO, que participan neste salón e que esta mañá mostraron o seu optimismo xa que a situación actual convida a lanzarse ao mercado de ocasión.
O IV Car Outlet Ourense estará aberto ata este domingo 8 de maio e ofrece as mellores oportunidades do mercado de vehículos de ocasión e segunda man con todas as garantías que brindan os concesionarios oficiais. Trátase dunha cita coorganizada entre Expourense e a Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense, ACAUTO, que conta coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense e de ABANCA.
A situación actual do mercado do automóbil novo (suba impostos matriculación, dúbidas sobre qué tipo de motorización elixir, crises de componentes electrónicos, ruptura da cadea de subministros…) que contempla tempos de espera prolongados para recibir o coche novo, conleva que o mercado de ocasión sexa a mellor opción para quen precise cambiar de automóbil dun xeito rápido e cómodo. Nesta primeira mañá xa se podían ver os primeiros carteis de “Vendido”, xa que o público realmente interesado na compra adoita acudir canto antes motivado polo feito de que cada coche á venda é unha oportunidade única e irrepetible, xa que ten que ser ese en concreto.
A oferta é moi variada, cubrindo todas as gamas posibles, dende pequeño utilitario ata pequeño vehículo industrial. Tamén nas motorizacións hai ampla variedade cubrindo a gama dende os motores de combustión ata os eléctricos. En canto a prezos, pódese atopar dende un Renault Megane de 8.300 euros (vendido esta mesma mañá, por certo) ata un Alpine A 110S cun prezo de 82.500 euros.
Os datos indican que en Galicia por cada coche novo véndense dous de ocasión, incluíndo tamén as compras entre particulares. Isto provoca que haxa cada vez maior demanda e menor oferta, polo que acudir a este salón se converte nunha boa oportunidade para os que anden a busca dun vehículo deste tipo. Por outro lado, este salón é unha boa ocasión para rexuvenecer o parque automobilístico galego (o cuarto máis antigo de España) que ten agora unha idade media de 13,7 anos. Un parque envellecido xa de por si e que se viu agravado pola pandemia.
O IV Car Outlet de Ourense presenta a mellor oferta en Galicia en vehículos de ocasión, seminovos, xerencia e kilómetro cero que contan con inmellorables condicións, xa non só no prezo, senón tamén de financiamento, seguros ou outros servizos engadidos, e, por suposto, coa garantía e solvencia que ofrecen os concesionarios oficiais.
O horario de apertura do salón será mañá sábado 7 de 10.00 a 20.30 h. e o domingo 8 de maio de 11.00 a 20.00 h. A entrada terá un custo de 2 euros, sendo gratuíta para os menores de 12 anos.
Concesionarios e marcas representadas no IV Car Outlet Ourense:
HYU-PEREZ RUMBAO S.A. (HYUNDAI)
BÁLTICO DE AUTOMOCIÓN PEREZ RUMBAO S.A. (VOLVO)
GALICIA DISTRIBUCIÓN DE AUTOMÓVILES S.A. (SKODA)
BETULA CARS S.L. (OPEL + CITRÖEN)
CIBRAUTO, S.A. (FIAT + MAZDA + ABARTH)
CIBRAOCAR, S.L. (KIA)
PEUGEOT STELLANTIS & YOU ORENSE (PEUGEOT)
TALLERES VIPER S.L. (SUZUKI)
TALLERES RODOSA, S.L. (RENAULT + DACIA)
TOMOVIL CUEVAS, S.A. (FORD)
AUTOGAL, S.A. (BMW)
ROFERVIGO, S.L. (NISSAN)
COPER, S.A. (SEAT + CUPRA)
AUTOMOVILES PÉREZ RUMBAO S.A. (AUDI + VOLKSWAGEN)