● OUR FEST ofrecerá unha vibrante xornada de pop rock alternativo este sábado 14
de setembro, destacando o mellor da música nacional e internacional. Este festival,
convertido nun evento imprescindible, celebrará a diversidade de estilos en
Ourense.
● Un cartel excepcional que reúne a artistas de renombre internacional como Jake
Bugg, Miles Kane, Yard Act y Teenage Fanclub, junto a talento nacional como Los
Enemigos y Caballo Prieto Azabache, en una única jornada en Expourense.
● A proposta complementarase coas sesións de Isaac Pedrouzo Dj ao longo de toda a
xornada do sábado en Expourense.
● As entradas para a terceira edición de OUR FEST en Expourense continúan á venda
a través de ourfest.gal e ataquilla.com a un prezo de 40€ (+ gastos de xestión).
Ourense, a mércores 11 de setembro de 2024.- A terceira edición de OUR FEST xa está ao
virar a esquina. Este sábado 14 de setembro, Expourense abrirá as súas portas para unha
xornada repleta do mellor pop rock alternativo. Un festival que en tan só tres anos, logrou
posicionarse como un referente da escena musical nacional, e este 2024 non será diferente,
cun cartel que promete emocións fortes grazas á presenza de artistas como Jake Bugg,
Miles Kane e Yard Act, que actuarán por primeira vez en Galicia, xunto a grandes nomes
como Teenage Fanclub, Los Enemigos e Caballo Prieto Azabache.
Esta mañá celebrouse a rolda de prensa do evento en Expourense, onde participaron Xosé
Manuel Merelles, Director de Turismo de Galicia; César Fernández, Vicepresidente segundo
da Deputación de Ourense e Deputado de Cultura; Aníbal Pereira, Tenente de alcalde do
Concello de Ourense; e David Jiménez-Zumalacárregui, director artístico do festival. Unha
presentación na que se destacou a relevancia do festival non só como evento musical,
senón como un verdadeiro motor cultural e turístico para a rexión. A colaboración de
entidades como a Xunta de Galicia, a través de Turismo de Galicia e Xacobeo, a Deputación
de Ourense, o Concello de Ourense, Estrela Galicia e o medio oficial, Cadea Ser, foi clave
para este crecemento.
Rogelio Martínez, Director xerente de Expourense, abriu a rolda de prensa destacando o
compromiso do recinto co festival, que abre a tempada de eventos este ano, e o seu papel
na proxección de Ourense. A continuación, César Fernández, Vicepresidente segundo da
Deputación de Ourense e Deputado de Cultura, destacou: “A importancia dos eventos
culturais para a dinamización dun territorio, atraendo a miles de persoas e enchendo os hoteis
e restaurantes”. Pola súa banda, Aníbal Pereira, Tenente de alcalde do Concello de Ourense,
comentou: “OUR FEST pon a Ourense no mapa cultural e turístico de Galicia, ofrecendo unha
oportunidade para mostrar o mellor da nosa cidade e este ocio fai á xente máis feliz”. David
Jiménez-Zumalacárregui, director artístico do festival, engadiu: “Este ano, igual que nos
anteriores, seguimos na liña da búsqueda da calidade e non da cantidade, atraendo a xente de
moitas partes, cun cartel diferente, con bandas que teñen un pasado e bandas actuais que
están dando moito que falar”. Finalmente, Xosé Manuel Merelles, director da Axencia de
Turismo de Galicia, pechou as intervencións afirmando que: “Grazas tamén ao traballo
conxunto das tres institucións, Ourense converteuse nunha das principais cidades musicais
non só de Galicia, senón tamén a nivel estatal, axudando a proxectar a nosa cultura e
atraeando tamén a visitantes do norte de Portugal cun cartel tan atractivo e diferente”.
O cartel deste ano inclúe a Caballo Prieto Azabache, que abrirá a xornada ás 17.30 horas
coa súa mestura de enerxía e melancolía. Ás 18.45 horas, Los Enemigos tomarán a
substitución, presentando o seu último álbum “Bestieza”. Ás 20.15 horas, Teenage Fanclub,
pioneiros do power pop, ofrecerán un set cheo de nostalxia con temas do seu álbum
“Endless Arcade”.
A noite avanzará con Miles Kane ás 21.45 horas, quen traerá a súa inconfundible mestura de
rock alternativo e glam rock. Ás 23.15 horas, Yard Act ofrecerá a súa electrizante post-punk
con crítica social. O peche ás 00.45 horas chegará con Jake Bugg, presentando temas do
seu próximo álbum “A Modern Day Distraction”.
Cunha ocupación hostaleira que xa roza o 90% na cidade e os seus arredores, o festival
tamén supón un impulso significativo para a economía local. Os restaurantes e comercios
prepáranse para recibir a unha afluencia masiva de visitantes que, ademais de gozar de OUR
FEST, terán a oportunidade de descubrir o encanto de Ourense, coñecida polas súas termas
e a súa rica oferta gastronómica.
As entradas para a terceira edición de OUR FEST en Expourense están á venda a través de
ourfest.gal e ataquilla.com a un prezo de 40€ (+ gastos de xestión).
Un cartel coas mellores bandas internacionais e nacionais de pop-rock alternativo
En primeiro lugar, Jake Bugg, o talentoso cantautor británico, consolidouse como unha
figura crave na escena folk rock moderna. Con éxitos como “Lightning Bolt” e “Two Fingers”,
promete unha actuación chea de emoción e autenticidade. Bugg distínguese pola súa
habilidade para combinar melodías pegadizas con letras profundas, capturando a esencia
da mocidade e a introspección nas súas composicións. Recentemente lanzou “All Kinds Of
People”, adianto do seu sexto álbum “A Modern Day Distraction”, que sairá apenas unha
semana despois da súa actuación en OUR FEST.
Tras el, Teenage Fanclub, a banda escocesa que foi pioneira no rock alternativo e o power
pop desde os anos 80, garantirá un espectáculo nostálxico e vibrante coa súa inconfundible
harmonización vocal e melodías pegadizas. Co seu máis recente álbum “Endless Arcade”,
que foi aclamado pola súa calidez e a evolución constante do grupo, farannos soñar de novo
o próximo 14 de setembro en Ourense.
Yard Act, representando o mellor do post-punk contemporáneo, destácase polas súas letras
satíricas e críticas sociais. Cancións como “Peanuts” e “Fixer Upper” aseguran unha
presentación chea de enerxía e reflexión. A banda gañou rapidamente recoñecemento pola
súa capacidade para abordar temas actuais cun enfoque mordaz e humorístico, utilizando a
música como vehículo para o comentario social. Co seu novo álbum “Where’s My Utopia?”,
producido xunto a Remi Kabaka Jr. de Gorillaz, prometen unha dose refrescante de crítica
social envolta en ritmos irresistibles e vibrantes.
A continuación, Miles Kane, cunha carreira que abarca tanto o seu traballo en The Last
Shadow Puppets como a súa traxectoria en solitario, traerá a súa mestura de rock
alternativo, mod e glam rock a Ourense, ofrecendo un show cheo de estilo e dinamismo.
Coñecido pola súa presenza escénica magnética e a súa habilidade para fusionar xéneros,
Kane deixou unha marca indeleble na música moderna. Co seu quinto álbum en solitario
“One Man Band”, un regreso ás súas raíces de guitarra e rock indie, temas como “Come
Closer” e “Don’t Forget Who You Are” son himnos que ecoan con forza e entusiasmo,
asegurando unha experiencia electrizante para o público de OUR FEST.
Los Enemigos, a emblemática banda española que foi unha pedra angular do rock nacional
durante décadas, achegarán un toque de autenticidade e experiencia ao festival co seu son
inconfundible e letras contundentes. Cunha traxectoria que inclúe himnos do rock en
español como “La Cuenta Atrás” e “Desde el Jergón”, Los Enemigos souberon manterse
relevantes e conectados coa súa audiencia ao longo dos anos. Presentando o seu décimo
álbum “Bestieza”, un traballo cheo de enerxía eléctrica e actitude rockeira, producido por
Carlos Hernández, a súa actuación será un peche espectacular, celebrando a riqueza e
diversidade do rock en español.
E para finalizar, cun directo que arrasa e unha presenza que non pasa desapercibida, a
banda galego-madrileña Caballo Prieto Azabache consolidou a súa reputación na escena
musical nacional. Desde salas emblemáticas da Coruña ata o vibrante escenario de SXSW
2023 en Austin, TX, e o Festival Marvin Gateway en México, a súa enerxía contaxiosa ha
capturado tanto a audiencias locais como internacionais. Con éxitos como “Cenicero” xunto
a Joe Crepúsculo e “Magnate y Mecenas” con Xoel López, o seu primeiro álbum longo “Nº1”,
lanzado ao comezo de 2023, promete consolidar o seu lugar como creadores de melodías
que definen estados de ánimo, onde cada canción é unha invitación para sentir, reflexionar e
celebrar a complexidade da vida contemporánea.