Presentación do LVIII Campionato de España Absoluto de Atletismo en Pista Cuberta que se celebra en Expourense do 25 ó 27 de febreiro

Novamente a Pista Cuberta de Ourense será sede dunha nova edición correspondente ao Campionato de España Absoluto de Atletismo que xuntará ás principais figuras nacionais e internacionais do noso deporte na instalación ourensá os vindeiros días 25, 26 e 27 de febreiro.


A presentación oficial deste campionato tivo lugar esta mañá en Expourense cun acto no que tomaron parte organizadores e representantes das distintas administracións que colaboran con esta proba: Xunta de Galicia, Deputación Provincial de Ourense e Concello de Ourense. Participaron neste acto o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome; o vicepresidente da Deputación Provincial de Ourense, Rosendo Fernández; o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete; o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén; o presidente da Real Federación de Atletismo de España, Raúl Chapado e o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos. O acto estivo presentado polo director xerente de Expourense, Rogelio Martínez, que exerceu de anfitrión.


Trátase do segundo campionato de España ABSOLUTO que acollen as instalacións de Expourense, que foron cualificadas polos propios atletas como “pista milagre”, unha pista rápida que foi o escenario de varios récords de España, e do Mundo, en distintas categorías. Pista que, agora, está máis preto de todo. Trátase do primeiro campionato nacional absoluto coa conexión de Alta Velocidade. Estamos a 2 horas e 15 minutos de Madrid, o que facilitará sen dúbida o desprazamento de atletas e afeccionados.


Un dos retos de Expourense é potenciar a actividade deportiva das súas instalacións para sacarlle o máximo rendemento e contribuír a reforzar a presenza de Galicia no mapa deportivo nacional. Hai tan só dúas semanas que, tras un proceso de selección, incorporouse un director técnico deportivo ao persoal de Expourense e ao que neste acto se lle deu oficialmente a benvida. Trátase de Mario González, coñecido pola súa ampla traxectoria na xestión deportiva en Galicia.

Prevése que más de 4.000 persoas, entre deportistas, técnicos, xuíces, axudantes, voluntarios e público en xeral, pasen durante os tres días por Expourense, que dende fai xa varias datas, traballa intensamente a nivel organizativo xunto a Xunta de Galicia, Deputación Provincial e Concello de Ourense, así a nivel federativo tanto coa Real Federación Española de Atletismo como coa Federación Galega de Atletismo, para garantir un perfecto campionato que convertirá a cidade das Burgas no epicentro de atención mediática e informativa nacional e internacional a finais deste mesmo mes.

Experiencia e calidade contrastada

A experiencia acumulada na instalación atlética con apenas cinco anos desde a súa inauguración, está sumamente contrastada. Desde aquel pasado decembro de 2017 onde o Presidente da Xunta inauguraba o recinto abríndo así o século XXI ao atletismo galego, celebráronse máis dun cento de probas oficiais. Das mesmas, máis de cincuenta corresponderon a Campionatos de Galicia e un total de catro foron probas de rango nacional entre as que destacan o Campionato de España Sub20 no ano 2018, o Campionato de España Máster no 2019 e 2021 e o Campionato de España Absoluto do ano 2020 que xunto a este 2022, corresponden ao rango máis importante dos celebrados ata o momento.

En todos e cada un deles, o Comité Organizador contaría con importantes eloxios pola súa capacidade de traballo, xestión e organización que se ve reforzada este ano, ca maior capacidade de comunicación e achegamento ao resto dos puntos do Estado, grazas a esa importantísima conexión do AVE inaugurada recentemente.

O nivel de expectación é tal, que as entradas practicamente quedaron esgotadas ás poucas horas de sair á venda o que pon de manifesto ás excelencias dunha instalación quen ven da man dunha cidade volcada que ademáis, conta con importantes ofertas lúdicas, gastronómicas e deportivas. A todo elo súmaselle unha afección entregada e entendida co seu deporte que convirten a Ourense nun punto privilexiado do atletismo nacional e mesmo importante candidata a acoller eventos de rango internacional.

X