Os coches eléctricos e híbridos impóñense no 15º Salón do Automóbil – Vehículo Novo de Expourense

  • 16 concesionarios que representan a 25 marcas ofrecen ata este domingo importantes descontos e presentan 37 novidades no mercado
  • Farase un sorteo dun desconto de 6.000 euros entre os que pechen a compra do seu coche nestas citas

Combater a incerteza do consumidor sobre qué tipo de coche mercar a base de descontos especiais de feira de ata o 20%, seguros todo risco e garantía de ata 10 anos. Este é o obxectivo dos 16 concesionarios oficiais da provincia de Ourense pertencentes á Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense (A.C.A.U.T.O.) que participan como expositores no 15º Salón do Automóbil que abriu hoxe as súas portas en Expourense. Esta fin de semana celébrase o salón adicado ao Vehículo Novo e a fin de semana quen será o de Ocasión.

 

Facendo un percorrido polos 300 vehículos novos que se expoén esta fin de semana, resulta evidente a imposición do vehículo eléctrico, tanto ao 100% como de motorización híbrida, é máis, exponen por primeira vez marcas, como é o caso de Leap Motor, que fabrican en exclusiva coches eléctricos. Tamén son eléctricas a meirande parte das 37 novidades presentadas polos expositores e onde destacan modelos que celebran o seu aniversario como el 50º aniversario do Volkswagen Golf ou os 40 do Seat Ibiza, por poñer exemplos. Dende ACAUTO indican que o mercado da automoción estase recuperando e aumentando progresivamente as vendas ao redor dun 10% con respecto ao 2023 e destacando sobre todo o auxe do sector dos coches eléctricos, cuxas vendas aumentaron un 29% dende o último ano. Ata o 30 de setembro vendéronse na provincia de Ourense 1.283 coche eléctricos.

Esta xornada de apertura contou cunha visita aos expositores por parte de distintos representantes das administración autonómicas e provinciais como o delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pardo; o tenete alcalde de Ourense, Aníbal Pereira,; o deputado provincial de Ourense, Jorge Pumar; a senadora Rosa Sánchez ou a parlamentaria Noelia Pérez, entre outros, que visitaron este salón acompañados por distintos empresarios do sector e polos membros de ACAUTO. Estas autoridades felicitaron aos expositores por conseguir presentar unha oferta con tanta calidade e variedade disposta a cubrir todas as necesidades e resolver todas as dúbidas dos potenciais clientes.

Entre as dúas citas, novo e de ocasión, exporanse 660 vehículos entre novos e  de ocasión. Entre os vehículos novos expostos neste primeiro salón pódense atopar coches de todos as gamas e motorizacións destacando sobre todo a oferta en microhíbridos, híbridos, híbridos enchufables e eléctricos 100%. Os prezos oscilan entre os 11.900 euros do Leap Motor T03 e os 180.790 euros do Porsche 911 Carrera 290 KW. Os concesionarios ofrecen descontos especiais en feira que poden chegar ata os 10.000 euros Cada concesionario ofrece ademais as súas propias condicións de financiamiento e novos formatos de compra que inclúen o pago de taxas mensuais polo uso dun vehículo.

Todas as marcas presentes están aproveitando a súa presenza nesta cita para presentar os últimos lanzamentos e os vehículos que se van comercializar de cara a campaña do 2025. As marcas representadas son: ABARTH, AUDI, BMW, CITROËN, CUPRA, DACIA, FIAT, FORD, HYUNDAI, JEEP, KIA, LEAP MOTOR, MAZDA, MERCEDES BENZ, MG, NISSAN, OPEL, PEUGEOT, PORSCHE, RENAULT, SEAT, SKODA, TOYOTA, VOLKSWAGEN e VOLVO.  Tamén se pode atopar algún modelos de novas marcas chegadas hai pouco ao mercado español como Omoda ou Jaeco.

Tanto dende ACAUTO como dende Expourense indícase que estas dúas citas son unha magnífica oportunidade (por calidade, cantidade, variedade e prezos especiais en feira) para aqueles que buscan un coche novo. Como incentivo para animar aos visitantes a axilizar o proceso de decisión, a organización volve sortear, entre os visitantes que pechen a compra dun automóbil novo ou de ocasión nestas citas, un cheque regalo por importe de 6.000 euros a descontar do prezo de compra do vehículo adquirido.

Este ano repítese tamén a colaboración con Cáritas Ourense, entidade que recibirá ao rematar estas citas unha cantidade fixa por cada vehículo vendido que será achegada por ACAUTO. Dende que se realiza esta acción que comezou no 2016, xa se teñen achegados máis de 40.000 euros.

Dende ACAUTO insisten de novo na necesidade de rexuvenecer o parque móbil da provincia de Ourense, o máis antiguo e España, que na actualidade ten unha idade media de 17 anos.

Para facilitar a elección do novo coche familiar, hai de servizo de ludoteca gratuíto durante toda a fin de semana (venres de 17.00 a 20.30 h.; sábados de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 h. e domingos de 12.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.00 h.). Ademias da ludoteca, hai un food trauck de Coren nos accesos a Expourense polo que a visita a este salón se converte nun bo plan para toda a familia.

O horario do 15º Salón do Automóbil – Vehículo será mañá sábado de 10.00 a 20.30 h., e o domingo de 11.00 a 20.00 h. O prezo da entrada son 3 euros por cada salón (menores de ata 12 anos teñen entrada gratuíta).

NOVIDADES PRESENTADAS NO SALÓN       

AUDI: Q6 ETRON + A5 AVANT + A3 ALLSTREET

BMW: SERIE 1 + BMW X-3

CITROEN: C3

CUPRA: TERRAMAR + TAVASCAN + FORMENTOR + LEÓN / LEÓN SP + BORN VZ

HYUNDAI: SANTA FE

KIA: EV3

LEAP MOTOR: T03 + C100

MAZDA: CX80

MG: MG ZS HYBRID + MG HS

NISSAN: QASHQAI  + JUKE

OPEL: GRAND LAND

PEUGEOT: 3008 + 5008

RENAULT:  RENAULT 5 ELÉCTRICO

SEAT: IBIZA 40 ANIVERSARIO + LEÓN 25 ANIVERSARIO

SKODA: OCTAVIA RESTYLING 2024 + KOFIAQ 2024

TOYOTA: LAND CRUISER, + C-HR, + PROACE CITY VERSO + YARIS 130CV, + YARIS CROSS 130CV

VOLKSWAGEN: GOLF 50º ANIVERSARIO+ TIGUAN

VOLVO: EX90

           

X