Expourense organiza as Xornadas de Sustentabilidade na Vía da Prata

Dar a coñecer as oportunidades da cooperación e da comercialización do “produto turístico da Vía da Prata” dende una perspectiva sustentable e aunando patrimonio, natureza e enogastronomía. Este é o obxectivo das Xornadas de Sustentabilidade no Camiño de Santiago – Vía da Prata, que está a organizar Expourense dentro do programa “O Teu Xacobeo” financiado pola Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.

Entre os días 13 e 15 de novembro, unha quincena de axencias de viaxes especializadas no Camiño de Santiago e procedentes de España, Portugal, Reino Unido e Irlanda, realizarán un percorrido por localidades da provincia de Ourense polas que pasa a Vía da Prata. Estas axencias son Woman To Santiago; Marly Camino; Slow Travel; Walk The Camino; Follow the Camino; Viviendo Experiencias; Tempo Vip; Portugal Green Travel; Outmore; Portugal Green Tours; Galicia Holiday; Circuitos Galicia; Turis Norte; Ultreya Tours e Tee Travel. Estas xornadas foron presentadas esta mañá pola delegada territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Marisol Díaz, e pola directora adxunta de Expourense, Emma González.

Estas xornadas inclúen distintas experiencias que contribuirán á divulgación dos atractivos naturais, patrimoniais, etnográficos e gastronómicos da Vía da Prata co obxectivo de incrementar o número de visitantes foráneos nesta rota a través da prescrición de operadores e outros axentes, tanto nacionais como Internacionais. Entre as actividades previstas inclúese unha visita a unha adega e cata de viños do Camiño da Denominación de Orixe Monterrei e a fortaleza Medieval de Monterrei; ao Parque Natural do Invernadeiro e tamén a visita a un forno tradicional da IXP Pan de Cea, así como a entrada ó mosteiro de Oseira. Tamén inclúe un percorrido pola capital ourensá visitando As Burgas, a ponte romana ou a Praza Maior,

Conferencia sobre Sustentabilidade na Vía da Prata

Un dos actos centrais será a Conferencia sobre a Sustentabilidade na Vía da Prata na que participará a directora da Axencia Galega de Turismo, Nava Castro, e a Asociación de Amigos da Vía da Prata, entre outros. Será o mércores 13 de noviembre ás 19.30 h. no claustro dos Mercedarios de Verín e incluirá ademais unha degustación de produtos enogastrónomicos de produtores locais. A participación nesta conferencia é aberta ao público xeral e habéra un transporte colectivo ida e volta e gratuíto dende a cidade de Ourense ata Verín.

Programa

Mércores, 13 de novembro. Claustro Mercedario de Verín.

19:30 h. Visita guiada ao Museo do Claustro Mercedario de Verín.
“A Estela do Guerreiro de Castrelo do Val, a orixe da Vía da Prata “.
Luís Cid Congil. Comisario da exposición “Primeiros contactos de Monterrei co Mediterráneo”.

20:00 h. Mesa de reflexión sobre a Sustentabilidade na Vía da Prata.
Apertura a cargo de Nava Castro Domínguez. Directora da Axencia Galega de Turismo. Xunta de Galicia.
Modera: Emma González. Directora adxunta de Expourense e directora de Comunicación da Orde do Camiño de Santiago.
Interveñen:
A Revitalización da Vía da Prata.
José Luis Rodríguez Cid, Presidente da Asociación de Amigos da Vía da Prata- Camiño Mozárabe.
Produtos Turísticos sostibles vinculados ao Camiño.
Hugo Teixeira Francisco, Co-founder & Managing Partner de Portugal Green Travel.
Proxectos de conservación ambiental no Camiño.
Bruno de Llano Gómez-Ulla. Especialista en xestión local e rexional de Ecoembes. Cabaleiro da Orde do Camiño de Santiago.

21:15 h. Degustación de produtos locais con D.O. de Monterrei.

Estas xornadas concluirán o venres 15 de novembro en Expourense coa celebración dun workshop con reunións B2B entre as axencias que participan e todas aquelas empresas que ofrezan productos ou servizos especializados no ámbito da Vía da Prata que queiran apuntarse.

X