>> O recinto feiral ourensán conta cun stand no que promociona as súas citas nas que a cooperación transfronteiriza xoga un papel fundamental
Braga – Portugal, 04.04.25.- A 57ª edición de AGRO, a Feria Internacional de Agricultura, Gando e Alimentación, que se celebra dende onte e ata o vindeiro domingo na localidade portuguesa de Braga, organizou hoxe o Día adicado a Galicia. A provincia de Ourense estivo representada polo director territorial en Ourense da Consellería do Medio Rural, José Antonio Armada, e polo director xerente de Expourense, Rogelio Martínez.
En virtude dos convenios de cooperación transfronteiriza que Expourense mantén con distintas entidades do Norte de Portugal entre as que se atopa o recinto Forum Braga onde se está a celebrar AGRO, Expourense conta cun stand dende o que está a promocionar as súas vindeiras citas vencelladas ó sector primario e ó turismo e nas que o mercado portugués xoga un importante papel. Ambas as dúas entidades levan máis de dúas décadas anos colaborando para garantir a promoción dos seus recursos nos eventos organizados pola outra e que están vencellados co termalismo, a gastronomía, o turismo activo ou o viño, potencialidades que comparten as dúas áreas da Eurorrexión.
Durante a visita da comitiva oficial do día ó stand de Expourense, ofreceuse unha degustación de produtos galegos como é o caso dos viños da Denominación de Orixe Monterrei, entidade colaboradora de Expourense durante todo o ano. A comitiva local estivo integrada polo administrador da Invest Braga, Carlos Silva; polo vereador de Ambiente e Desenvolvemento Rural da Cámara Municipal de Braga, Altino Bessa; e polos responsables do recinto, José Olimpio e Henrique Martins.
As citas que Expourense está a promocionar en AGRO estes días son:
– OURENSE VINIS TERRAE, 11º Salón do Viño e Licores Galegos de Calidade – 2 e 3 de xuño.
– TERMATALIA COLOMBIA, 23ª Feira Internacional de Turismo Termal, Saúde e Benestar – 24 a 26 de setembro (a celebrar en Paipa – Boyacá – Colombia).
– XANTAR, 26º Salón Internacional de Turismo Gastronómico – 20 a 23 de novembro.
– SPORTUR GALICIA, 8º Salón do Deporte e Turismo Activo – 11 e 12 de decembro.
Con esta participación en AGRO, Expourense reforza as súas relacións de cooperación transfronteiriza especialmente enfocada ao ámbito agroalimentario e ó turismo de proximidade co obxectivo de fomentar a competitividade das empresas galegas e, dun xeito especial, dos pequenos produtores ou cooperativistas.
AGRO é unha cita que desenvolve un relevante papel de promoción e divulgación dos produtos e que serve de punto de encontro das empresas agroalimentarias de todo Portugal recibindo máis de 50.000 visitas en catro días.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.