Aprazado o 3º Car Outlet Ourense

ACAUTO e Expourense, entidades encargadas da organización do 3º Car Outlet Ourense, reuníronse esta mañá en Expourense co delegado territorial da Xunta de Galicia e vicepresidente executivo da Fundación Expourense, Gabriel Alén, para confirmar o aprazamento do salón do autómobil, cuxa celebración estaba prevista no recinto feiral para a fin de semana do 7 ao 9 de maio.
Dende hai unhas semanas, Expourense está a ser un dos puntos elixidos polo SERGAS para levar a cabo a vacinación masiva dos ourensáns. A confirmación da intensificación desta campaña prevista para os vindeiros días, levou aos organizadores do evento á tomar a decisión do seu aprazamento, para darlle prioridade absoluta á vacinación.

X