O 13º Salón do Automóbil celebrarase en Expourense do 20 ao 23 de outubro

• Trátase dunha cita organizada entre Expourense e A.C.A.U.T.O. coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense
• Haberá un único salón con coches novos e de ocasión no que participan 14 empresas que representan a 19 marcas
• Farase un sorteo dun desconto de 6.000 euros entre os que pechen a compra do seu coche nesta cita

14 concesionarios da provincia de Ourense pertencentes á Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense, A.C.A.U.T.O., participarán como expositores no 13º Salón do Automóbil que se celebrará en Expourense entre o xoves 20 e o domingo 23 de outubro. Haberá un único salón onde se poderán atopar coches novos e tamén de ocasión. Trátase dunha cita vecellada cun dos sectores comerciais de maior peso na provincia de Ourense, o da automoción, e que está organizado de forma conxunta entre Expourense e A.C.A.U.T.O. coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense.

Todas as marcas presentes aproveitarán a súa presenza nesta cita para presentar os últimos lanzamentos e os vehículos que se van comercializar de cara a campaña do 2023. En total, participarán 14 empresas representando 19 marcas que presentarán modelos novos e onde tamén haberá espacio para os vehículos de ocasión. As marcas representadas son: Audi, BMW, Citroen, Cupra, Dacia, Ford, Hyundai, KIA, Mazda, Nissan, Opel, Peugeot, Porsche, Renault, Seat, Skoda, Toyota, Volkswagen e Volvo.

Como incentivo para animar aos visitantes a axilizar o proceso de decisión, a organización volverá sortear, entre os visitantes que pechen a compra dun automóbil novo ou de ocasión nestas citas, un cheque regalo por importe de 6.000 euros a descontar do precio de compra do vehículo adquirido.

Este ano repítese tamén a colaboración con Cáritas Ourense, entidade que recibirá ao rematar estas citas 15 euros por cada vehículo vendido que será achegada entre Expourense e ACAUTO.

O horario do 13º Salón do Automóbil será o xoves 20 e o venres 21 de outubro de 11.00 a 20.30 h.; o sábado 22 de outubro de 10.00 a 20.30 h., e o domingo 23 de outubro de 11.00 a 20.00 h. O prezo da entrada son 3 euros (menores de ata 12 anos teñen entrada gratuíta). Haberá ademais servizo de ludoteca gratuíto, agás o xoves.

Dende ACAUTOcomentan que este salón “é unha cita clave na venda de vehículos anual en Ourense, reactiva o mercado e contribúe a rexuvencer o parque móvil da provincia situado nos 12,5 anos de media de antigüidade dos vehículos”.

X