Expourense continúa coa actividade deportiva acollendo o Torneo Galicia TOP TTR de Bádminton Sub13 e Sub 17

>> É unha proba puntuable a nivel nacional que se desputará mañá sábado no pavillón do recinto feiral


>> Participan un cento de deportistas pertencentes a unha docena de clubes de Galicia e doutras comunidades

A actividade deportiva non cesa en Expourense. Rematada a tempada de atletismo e cuberta xa a pista hidráulica, o recinto feiral continua a acoller novos eventos deportivos transformando as súas instalacións nunha “casa polideportiva” de altas prestacións. Deste xeito, esta mesma mañá foi presento o Tonreo Galicia TOP TTR N7 Sub13 e Sub17” de Badminton ques e desputa mañá sábado 2 de abril e que reunirá a un cento de deportistas destas categorías procedentes dunha ducia de Clubes de Galicia e doutras comunidades.

Esta proba de categoría nacional, puntuable para o ránking español das categorías . Os participantes buscarán a victoria dun torneo que comezará en torno ás 10:00 horas e se prolongará ininterrumpidamente ata as 21:00 horas, onde está prevista a cerimonia de premiación dos mellores competidores. Como principal novidade deste Torneo é que se disputará no Recinto de Expourense, onde grazas á montaxe dunha pista polideportiva da máxima calidade, pode seguir materializando eventos deportivos máis aló do atletismo, o que incrementa a versatilidade destas instalacións pensadas para a práctica atlética.

A presentación deste torneo correu a cargo de representantes das entidades colaboradoras e organizadoras. Participou o vicepresidente da Deputación Provincial de Ourense, Rosendo Fernández; o xefe do Servizo de Deportes da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pérez; o administrador do Consello Municipal de Deportes de Ourense, José Antonio Moreiras; a directiva do Club Bádminton Athlos Ourense, Nuria Fernández, e o director deportivo de Expourense, Mario González.

O Club Polideportivo Athlos co apoio da Federación Galega de Bádminton, leva o peso organizativo deste evento, que é primeiro de varios eventos federativos e escolares, adestramentos para seguir tirándolle todo o partido a esta montaxe durante ao longo de todo o mes de abril.

Expourense aposta así polos eventos deportivos que atraerán porán a cidade, provincia e comunidade na mapa deportivo nacional e internacional.

Máis datos do torneo

SORTEO: Para os cabezas de serie terase en conta o ranking nacional.
Xuiz-ARBITRO: CARMEN DENEBOLA.
Match Control da competición: FCO. JAVIER GALICIA.
ARBITROS: FEGEBAD. Nas competicións puntuables para o RN con N6 haberá árbitro oficial por pista que también será asumido pola Federación Gallega de Bádminton.

NORMATIVA APLICABLE E SISTEMA DE COMPETICION: A normativa aplicable será a aprobada pola asemblea da FEGEBAD: Regulamento das competicións da Federación Galega de Bádminton 2022.

Para o sistema de competición aplicarase o punto 5 do regulamento das Competicións da Federación Galega de Bádminton 2022, que foi confirmado polo departamento de eventos da Fesba. Está publicado na páxina web da federación galega. Para todo o non contemplado na devandita normativa aplicarase a normativa da FESBA para este tipo de competicións.

Segundo a normativa da FESBA, todos os campionatos autonómicos poden inscribirse para un máximo de TRES probas, sempre que teñan unha duración de 3 días, dependendo da inscrición, dispoñibilidade horaria e número de pistas, cada campionato poderá decidir cantas probas asignar. En Galicia, o TTR N7 e o MASTER N6 só poden inscribirse para 2 probas e 1 xornada de competición, agás os sub11, sub13 e sénior que poden inscribirse en 3 probas.

VOLANTES: Pluma natural.

X