1ª FEIRA EDUCATIVA
1ª FEiRA EDUCATIVA: ESPAZO DE INNOVACIÓN E COLABORACIÓN EDUCATIVA
Expourense, 2 e 3 de abril de 2025
O evento terá lugar en Expourense os días 2 e 3 de abril deste ano e nace coa finalidade de promover o intercambio de experiencias, a aprendizaxe colaborativa e o fortalecemento das relacións entre os distintos niveis educativos e entre alumnos, centros, profesores, directores e outros expertos vinculados ao sector.
A feira tamén servirá de lugar de encontro para diferentes membros da comunidade educativa para compartir experiencias e boas prácticas, reforzar o traballo en rede, crear un espazo de intercambio e promover unha educación inclusiva e innovadora.
No acto tamén se porá en valor o labor transformador dos centros educativos da provincia de Ourense a través da exposición de proxectos innovadores que demostran a aposta pola calidade, a creatividade e a renovación pedagóxica. Estas iniciativas reflicten a capacidade dos centros para adaptarse aos retos do século XXI, integrando metodoloxías activas, tecnoloxías emerxentes e enfoques orientados á sustentabilidade e ao benestar.
| Quen organiza? | ||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() |
![]() |
|||||||||||||||||||||
| Colaboran | ||||||||||||||||||||||
![]() |
![]() |
|||||||||||||||||||||
| Onde? | ||||||||||||||||||||||
![]() |
||||||||||||||||||||||
| Participantes | ||||||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||||
Espazos de Innovación
| CEIP O Couto |
|---|
| Bibliocouto e actividades STEAM: Experimentos, circuítos adhesivos, lapis 3D. |
| CEIP Plurilingüe Amadeo Rodríguez Barroso |
| Impresión 3D, comunicación audiovisual, programación e LÓVA_Ópera vehículo de aprendizaxe. |
| CEIP Roberto Blanco Torres |
| Traballo con mestura de estilos e modelos pedagóxicos mediante traballo inter/intradisciplinar. |
| CEIP Xoaquín Lourenzo Xocas |
| Robótica en educación infantil. Lego Wedo e Spike en educación primaria. |
| Centro Galego da Innovación da Formación Profesional Eduardo Barreiros |
| Referente no ecosistema da Formación Profesional, liderando proxectos de investigación e innovación tecnolóxica, no emprendemento industrial e na capacitación de alta especialización. |
| Centro de Formación e Recursos de Ourense |
| Itinerarios formativos que apostan pola actualización e mellora continua do profesorado. |
| CIFP A Carballeira |
| Experiencia Inmersiva en realidade virtual 360. Impresión 3D. Actividades de microscopía, saúde e ciencias. Actividades de emerxencias sanitarias. |
| CIFP A Farixa |
| Actividades de imaxe e son. Actividades de robótica. Actividades físicas dirixidas. |
| CIFP de Vilamarín |
| Coctelería sen alcohol. Degustacións de pequenos bocados. Receptrónica, Recepción hoteleira asistida con robótica e IA. |
| CIFP Portovello |
| Experiencia en realidade virtual: Selección de persoal. Actividades de escaparatismo. |
| CRD Ourense |
| O Centro Residencial Docente ofrece aloxamento para estudantes de ciclos medios e superiores, estudantes de bacharelato e de ensinanzas de réxime especial, que cursan os seus estudos fóra da súa localidade de orixe. |
| IES Blanco Amor |
| STEAMBACH. Espertando vocacións: creatividade + innovación + investigación. |
| IES Ferro Couselo |
| Mediación escolar. Club de lectura. Tendendo pontes coa educación primaria. Radio escolar. |
| IES O Ribeiro |
| Formamos persoas, cultivamos ideas, transformamos o Ribeiro. Colaboración, emprendemento, creatividade e innovación nas aulas. |
| IES Xesús Taboada Chivite |
| Conectando mentes, impulsando futuros: internacionalización, o programa ChiviTei e a acción educativa transformadora |
| IES Universidade Laboral |
| Actividade de distribución automatizada. Prácticas de voo de DRONS. Actividades de mantemento e pintura de vehículos |

























