1ª FEIRA EDUCATIVA

1ª FEiRA EDUCATIVA: ESPAZO DE INNOVACIÓN E COLABORACIÓN EDUCATIVA

Expourense, 2 e 3 de abril de 2025

O evento terá lugar en Expourense os días 2 e 3 de abril deste ano e nace coa finalidade de promover o intercambio de experiencias, a aprendizaxe colaborativa e o fortalecemento das relacións entre os distintos niveis educativos e entre alumnos, centros, profesores, directores e outros expertos vinculados ao sector.

A feira tamén servirá de lugar de encontro para diferentes membros da comunidade educativa para compartir experiencias e boas prácticas, reforzar o traballo en rede, crear un espazo de intercambio e promover unha educación inclusiva e innovadora.

No acto tamén se porá en valor o labor transformador dos centros educativos da provincia de Ourense a través da exposición de proxectos innovadores que demostran a aposta pola calidade, a creatividade e a renovación pedagóxica. Estas iniciativas reflicten a capacidade dos centros para adaptarse aos retos do século XXI, integrando metodoloxías activas, tecnoloxías emerxentes e enfoques orientados á sustentabilidade e ao benestar.


Quen organiza?

Xunta de Galicia

Deputación de Ourense
Colaboran

Centro de Formación e Recursos de Ourense

Centro Galego da Innovación
Onde?

Expourense
Participantes

UVIGO

USC

Universidade da Coruña

Aloya

Nebrija

CEU San Pablo

UPSA

UCAV

UIE

UPSA

Universidad Francisco de Vitoria

Fuerzas Armadas

efb

CESUGA

CSHG

Universidad de Deusto

SCHILLER

UNIVERSIDAD EUROPEA

U-TAD

BiG Formación

 


 

Espazos de Innovación

CEIP O Couto
Bibliocouto e actividades STEAM: Experimentos, circuítos adhesivos, lapis 3D.
CEIP Plurilingüe Amadeo Rodríguez Barroso
Impresión 3D, comunicación audiovisual, programación e LÓVA_Ópera vehículo de aprendizaxe.
CEIP Roberto Blanco Torres
Traballo con mestura de estilos e modelos pedagóxicos mediante traballo inter/intradisciplinar.
CEIP Xoaquín Lourenzo Xocas
Robótica en educación infantil. Lego Wedo e Spike en educación primaria.
Centro Galego da Innovación da Formación Profesional Eduardo Barreiros
Referente no ecosistema da Formación Profesional, liderando proxectos de investigación e innovación tecnolóxica, no emprendemento industrial e na capacitación de alta especialización.
Centro de Formación e Recursos de Ourense
Itinerarios formativos que apostan pola actualización e mellora continua do profesorado.
CIFP A Carballeira
Experiencia Inmersiva en realidade virtual 360. Impresión 3D. Actividades de microscopía, saúde e ciencias. Actividades de emerxencias sanitarias.
CIFP A Farixa
Actividades de imaxe e son. Actividades de robótica. Actividades físicas dirixidas.
CIFP de Vilamarín
Coctelería sen alcohol. Degustacións de pequenos bocados. Receptrónica, Recepción hoteleira asistida con robótica e IA.
CIFP Portovello
Experiencia en realidade virtual: Selección de persoal. Actividades de escaparatismo.
CRD Ourense
O Centro Residencial Docente ofrece aloxamento para estudantes de ciclos medios e superiores, estudantes de bacharelato e de ensinanzas de réxime especial, que cursan os seus estudos fóra da súa localidade de orixe.
IES Blanco Amor
STEAMBACH. Espertando vocacións: creatividade + innovación + investigación.
IES Ferro Couselo
Mediación escolar. Club de lectura. Tendendo pontes coa educación primaria. Radio escolar.
IES O Ribeiro
Formamos persoas, cultivamos ideas, transformamos o Ribeiro. Colaboración, emprendemento, creatividade e innovación nas aulas.
IES Xesús Taboada Chivite
Conectando mentes, impulsando futuros: internacionalización, o programa ChiviTei e a acción educativa transformadora
IES Universidade Laboral
Actividade de distribución automatizada. Prácticas de voo de DRONS. Actividades de mantemento e pintura de vehículos

Descarga a información completa

Fecha

Abr 02 - 03 2025
¡Caducado!

Hora local

  • Zona horaria: America/New_York
  • Fecha: Abr 02 - 03 2025
Categoría
X