Un total de 15 axencias de viaxes especializadas no Camiño de Santiago participan dende hoxe nas Xornadas de Sustentabilidade no Camiño de Santiago – Vía da Prata, que organiza Expourense dentro do programa “O Teu Xacobeo” impulsado pola Xunta de Galicia. Estas axencias son: Woman To Santiago; Marly Camino; Slow Travel; Walk The Camino; Follow the Camino; Viviendo Experiencias; Tempo Vip; Portugal Green Travel; Outmore; Portugal Green Tours; Galicia Holiday; Circuitos Galicia; Turis Norte; Ultreya Tours e Tee Travel e proceden de España, Portugal, Irlanda e Reino Unido.
Estas xornadas, que se extenderán ata o venres 15 de novembro inclúen distintas experiencias baseadas na natureza, o patrimonio e enogastronomía que contribuirán á divulgación dos atractivos naturais, patrimoniais, etnográficos e gastronómicos da Vía da Prata co obxectivo de incrementar o número de visitantes foráneos nesta rota a través da prescrición de operadores e outros axentes, tanto nacionais como Internacionais.
A xornada de hoxe arrincou no Concello de A Gudiña onde as axencias foron recibidas polo alcalde José María Lago quen os acompaññou no seu percorrido por un traxecto da Vía da Prata e lles amosou puntos clave na historia do concello como “A casa da viúva”. No seu papel de “cicerone” nesta ruta, o alcalde de A Gudiña tamén os acompañou ata o Embalse de Portas e ata o Parque Natural do Invernadeiro e o seu Centro de Interpretación onde continuou a visita.
O destino desta primeira tarde das xornadas foi a comarca de Monterrei onde pudieron visitar o Castelo e tamén Bodegas Gargalo, pertencentes á Denominación de Orixe Monterrei. Estiveron acompañados nesta visita porla presidenta do Consello Regulador da D.O. Monterrei, Lara da Silva.
Conferencia sobre Sustentabilidade
A xornada de hoxe conclúe no claustro dos Mercedarios de Verín coa Conferencia sobre a Sustentabilidade na Vía da Prata na que participou a directora da Axencia Galega de Turismo, Nava Castro; a Asociación de Amigos da Vía da Prata, o comisario da Comisario da exposición “Primeiros contactos de Monterrei co Mediterráneo”, Luis Congil; o touroperador de Porturgal Green Travel, Hugo Teixeira; e o Especialista en xestión local e rexional de Ecoembes. Cabaleiro da Orde do Camiño de Santiago, Bruno de Llano Gómez-Ulla. Esta mesa estivo moderada pola directora adxunta de Expourense e directora de Comunicación da Orde do Camiño de Santiago, Emma González.
Durante esta mesa redonda, a directora da Axencia Galega de Turismo, Nava Castro, defendeu ante representantes do sector turístico as numerosas oportunidades que brinda a Vía da Prata como un itinerario que xera riqueza nas comunidades locais polas que atravesa e no que a Xunta destina un relevante investimento con 3 millóns de euros para mellorar a súa sinalización e acondicionamento e un Plan de Mantemento de 1,6 millóns de euros. Durante a súa intervención salientou a capacidade desta ruta para medrar dun xeito sustentable ao aunar un rico patrimonio, natureza e enogastronomía.
A actividade prevista para hoxe remata cunha degustaciónde produtos locais en Verín que correrá a cargo da Chef de “Cociña Ourense” do Souto das Candeas, Begoña Vázquez. Entre os produtos que degustados destacou o viño da Denominación de Orixe Monterrei, carne ecolóxica de tenreira de raza autóctona, e pratos elaborados con mel e castañas de empresas locais da comarca de Monterrei.
Xoves 14
Mañá xoves 14 de novembro continúan estas xornadas cunha intensa axenda que levará ás axencias a coñecer o casco histórico da capital termal de Ourense con visita ás Burgas, á Praza Maior e á ponte romana. De aquí partirán camino a San Cristovo de Cea onde realizarán a pé un treito da Vía da Prata; visitarán un forno tradicional e outro moderno de Pan coa IXP Pan de Cea e rematará cunha visita ó Mosteiro de Oseira.
Venres 15
Estas xornadas concluirán o venres 15 de novembro en Expourense coa celebración dun workshop con reunións B2B entre as axencias que participan e todas aquelas empresas que ofrezan productos ou servizos especializados no ámbito da Vía da Prata que se apuntaron a esta actividade.