Transparencia, eficacia e rapidez como claves para a comunicación en tempos de crise

20-11-2020

>> Expourense e o Clúster da Comunicación de Galicia celebraron hoxe o Foro da Comunicación de Galicia que reuniu a máis de 200 asistentes >> Esta actividade analizou os cambios da comunicación corporativa e das relacións informativas nesta “nova normalidade”

Ourense, 20/11/2020.- Expourense, coa colaboración do Clúster da Comunicación de Galicia, celebrou esta mañá unha edición especial do seu Foro da Comunicación de Galicia centrado en analizar cómo a pandemia ten influido na comunicación corporativa e nas relacións informativas entre institucións, empresas, gabinetes, medios de comunicación e cidadanía. Esta actividade, que se celebrou en formato híbrido, congregou a máis de 200 asistentes que se conectaron dende distintas partes de España ou que os eguiron dende as instalación de Expourense. Entre estes asistentes destacaron os 60 alumnos da Facultade de Comunicación da Universidade de A Coruña e os 20 do EFA Piñeiral de Arzúa que usaron este Foro como materia a impartir en clase e que o seguiron ao completo dende a súas aulas.

Participaron neste foro especial “información, desinformación e pandemia” un total de 6 expertos en comunicación e marketing que cubrían toda a cadea da comunicación corporativa: marketing, comunicación, xestión de medios, gabinete e medios de comunicación. A denominada “nova normalidade” trouxo consigo cambios nas estratexias informativas de empresas e institucións que tiveron que adaptar os seus plans de marketing e de comunicación á situación actual. Foi a directora de marketing Dixital da Consultora Torres y Carrera, Laura Vázquez, quen deu as claves para seguir informando nesta época de incertidume: “transparencia, eficacia, rapidez, responsabilidade, empatía e sentido común”. 

O presidente do Clúster da Comunicación de Galicia e da Asociación Galega de Marketing - Markea, Xosé Luis Reza, foi o primeiro dos relatores deste foro e explicou cómo adaptar un Plan de Marketing ao contexto COVID-19. Fixo referencia a que as empresas deben ser “boas persoas xurídicas” á hora de comunicar as súas mensaxes e incidiu na necesidade de adaptarse aos sistemas de valores das novas xeracións nacidas x ana era dixital a través da máxima de “entender e atender ao cliente”. Tamén fixo un repaso por marcas galegas que adaptaron con éxito o seu plan de marketing á situación de crise reorientando os seus produtos cara as necesidades e demandas do cliente.

Pola súa parte a directora da Marketing e Comunicación Dixital da Consultora Torres y Carrera, Laura Vázquez, abordou a evolución da comunicación corporativa dende o comezo da crise ata o momento actual. Fixo referencia a que esta crise supuxo tamén a oportunidade de cambiar e actualizar o xeito de facer comunicación corporativa que se seguía facendo ao igual que nos anos 60. Tamén advertiu sobre o risco de “se pagar pola información de calidade non está ó alcance de todos, as #FakeNews e as medias verdades tenán, curiosamente, máis potenciais lectores ao distribuirse en aberto".

Este Foro da Comunicación incluíu ademais unha mesa redonda que abordou conceptos como a “infodemia” (termo que non estiveron de acordó os relatores xa que segundo indican os medios publican o que o lector demanda e nestes meses a demanda solicitaba información sanitaria) e cómo esta ten afectado ás relacións informativas entre institucións, empresas, gabinetes e medios de comunicación. Estivo moderada polo subdirector de La Región, Fernando González Macías, quen reivindicou o papel do xornalista indicando que “o único que non podemos confinar é a verdade”. Esta mesa contou coaparticipación de Myriam Sierra e Carlos Bermello, responsables do Servizo de Comunicación da Área Sanitaria do Complexo Hospitalario de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, que contarán cómo viviron os momentos máis duros da pandemia e cál foi a súa relación cos medios de comunicación. A labor realizada por este gabinete trascendeu dos medios locais e convertéronse nunha referencia galega e estatal á hora de obter información sanitaria. Con creatividade e dispoñibilidade fixeron un labor de produción de contidos a disposición dos medios de comunicacióno que permitiu facer chegar á sociedade certos contidos que non terían chegado doutro xeito.

Representanto ás empresas e aos xestores de medios, participou tamén nesta mesa o director de Desenvolvemento Estratéxico en Avante Evolumedia, Álvaro Brandau, que falou sobre cómo as empresas tiveron que cambiar as súas campañas para poder empatizar con clientes e usuarios. El explicou que en realidade nada cambiou porque todo cambiara xa coa transformación dixital pero que que a crise sí que fixo que esa transformación se acelerase dun xeito vertixinoso.

O último dos relatores desta mesa de debate foi o representante da demarcación de Ourense do Colexio de Xornalistas de Galicia, Javier Fraiz, quen reinvidiou o papel do xornalista que tivo que especializarse á forza en sanidade e fixo referencia ás dificultades que atravesan aos medios locais para poder ofrecer información veraz e de calidade.  

Este Foro contou cun acto de apertura no que participaron os organizadores e representantes da Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia representada polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén; e da Deputación Provincial de Ourense, representada polo deputado de Innovación e Turismo, Jorge Pumar. Xunta e Deputación son as dúas entidades que levan apoiando este foro dende o seu inicio en 2013.

Este Foro da Comunicación de Galicia virtual e “especial COVID-19” contou co apoio, e xa van oito anos de xeito consecutivo. Está previsto que o vindeiro mes de febreiro se celebre unha nova edición do Foro da Comunicación de Galicia, xa de carácter presencial, e que tería lugar na mesma xornada que a Gala de entrega dos Premios Paraugas do Marketing e da Comunicación de Galicia. 




Fotos Relacionadas