Celebra cumpre 20 anos

23-11-2019

>> O Salón de Vodas, Bautizos, Comuñóns e Actos Sociais reúne en Expourense a 40 expositores >> Os desfiles de moda infantil, nupcial e festa concentraron a atención do público. Mañá haberá novos pases

Ourense, 23/11/2019.- Celebra cumpre 20 anos en Expourense cun salón que reúne a 40 expositores dunha ducia de sectores que ofrecen todos os productos e servizos necesarios para organizar unha voda ou evento familiar. Facendo un percorrido polo salón queda patente a calidade, o deseño e a orixinalidade que ofrecen as empresas participantes, o 85% da provincia de Ourense. 

Os desfiles de moda foron o momento que concentrou maior número de público. Ás 17.00 horas celebrouse o de moda infantil que correu a cargo da firma Little Kings Ourense e no das 18.30 de moda nupcial e festa participaron as seguintes empresas:Nicandra (noiva e festa), As Badaladas (noiva e festa), Angelo Milano (noivo), Loyma (xoiería), París Diffusion (perruquería), El Tocador de Anabel de Allariz (estética) e Duet Moda (noivas e festa), empresa de moda nupcial e ceremonia de Sarria (Lugo). A meirande parte destas empresas contan con coleccións de fabricación e deseño propio. Analizando os vestidos de noiva desta tempada pode concluirse que son tendencia os grandes escotes polas costas, sensuais e con liñas depuradas e delicados acabados en tecidos como o tul ou o plumeti. Tamén volven levarse os traxes de pedrería e con minuciosos bordados e as faldas con volume.

Estes desfiles estiveron coordinados pola Axencia Luena que tamén facilitou aos modelos e que organizaou a dinamización dos desfiles coas actuación da cantante Sabela e do cantautor ourensán Borja Quintela. Nos pases de mañá participará tamén a cantante caldelá Velusa, coñecida pola súa participación no programa “Luar”.

Durante a xornada inaugural de Celebra, os expositores recibiron a visita de Jorge Pumar, vicepresidente executivo de Expourense que acudiu acompañado por representantes da administración local, provincial e autonómica así como das asociación empresariais da provincia.

As parellas e familias que visitaron Celebra nesta primeira xornada pudieron participar dun xeito máis activo nas súas citas cos expositores grazas á colaboración de Dani Ríos, “O Casamenteiro” e da empresa Bodaspack que excerceron de Mestres de cerimonias. 

Celebra 2019 presenta unha ampla oferta de produtos e servizos para que as familias que están organizando o seu eventos para o 2020 ou ata para o 2021, xa que a media de previsión para organizar unha voda esta nun ano vista. Nesta cita pódense atopar aos provedores necesarios para a o “gran día” como o lugar onde celebrar o banquete; os traxes de noivo, noiva e festa; perruquería e estética; arranxos florais; fotografía; xoiería; viaxes; animación e discotecas móbiles; agasallos; actuacións musicais; “espellos máxicos” que son fotomatóns; cocteleiría; prensa especializada, etc. Todas as empresas ofrecen os productos e servizos necesarios para organizar un evento 100% personalizado, diferente e a prezos competitivos.

Entre as novidades que se poderán atopar nesta edición destaca a realidade virtual que ofrece unha empresa especializada en fotografía e video, a única no norte de España que presta ese servizo. Realizan vídeos onde graban todos os detalles ao redor dos noivos e que hai que ver despois con gafas de realidade virtual, conseguido así unha sensación totalmente inmersiva no evento. Cambiáse así o tradicional álbum de fotos e video por unha especie de “videoxogo” da voda.

Outra das novidades que poderá atoparse será unha asesoría ofrece o único “seguro de protección de vodas e eventos” que ofrece a tranquilidade de estar cubertos no caso de que o evento non se puidera celebrar finalmente polo motivo que fose desde a climatoloxía adversa, cancelación por imprevistos familiares, a ausencia no día sinalado dalgún dos servizos contratados ou ata o extravío das alianzas.

As parellas buscan en Celebra todo o necesario para organizar un evento diferente e 100% personalizado. En cada voda é diferente dende as invitación, o “seatting plan”, os menús, os agasallos, etc. A tendencia é que todo vaia co mesmo deseño e que reflicta os gustos e a personalidade dos noivos. O sector da organización de vodas cambia cos tempos e nesta feira pódese ver perfectamente. Os expositores indican que cambiou o prantexamento na elección do lugar do banquete. Cada vez son maís frecuentes as cerimonias civís que se realizan no mesmo recinto que o banquete e a festa para facilitarlle a asistencia aos invitados, e moitos destes establecementos inclúen ademais servizo de hospedaxe. 

Outro cambio é o menú onde agora os apertivos cobran todo o protagonismo (con “estacións” de queixos, cortadores de xamón, polbo á feira, bivalvos, etc.) e que duran varias horas pasando despois a un xantar ou unha cea máis lixeiro onde sé inclúe, un marisco, un peixe, unha carne e unha sobremesa. O que segue sen cambiar é a festa co momento da barra libre e a animación musical. Tamén se ampliou o abano de datas elixidas polos noivos. Se ben antes a xente casaba entre maio e setembro, agora celébranse vodas durante prácticamente todo o ano coa vantaxe de que os prezos nos menús fora da tempada alta (xuño, xullo e agosto) contan con descontos, aos igual que tamén pode sair máis barato casarse en venres.

Polo que respecta a lúa de mel, as parellas invisten unha media de 5.000 euros na viaxe de noivos. Os destinos máis solicitados son os combinados Nova York + Ribeira Maya e países do Sudeste Asiático como Tailandia, Camboya ou Vietnam que ofrecen prezos competitivos.

As estatísticas indican que se reduce cada vez o número de convidados nos eventos (130 de media nunha voda, por exemplo) pero que medra o investimento en cada un deles e iso non significa outra cousa que se coidan cada vez máis os detalles e os xestos de cariño cara os convidados. Estimar o custo medio dunha voda non resulta sinxelo xa que vén determinado por moitos factores como o estilo de cerimonia, o número de convidados, lugar de celebración, época do ano, tipo de viaxe de lúa de mel, etc. Aínda así, os distintos datos dispoñibles indican que o custo medio dunha voda en Galicia ronda os 21.000 euros, o que supón un desembolso importante para as familias, pero tamén unha oportunidade de negocio para as empresas especializadas que cada ano acoden a Celebra.

O horario de Celebra será mañá domingo de 11.00 a 14.30 e de 16.00 a 20.30 h. A entrada ten un custo de 2 euros (menores de 12 anos gratuítos). 


Fotos Relacionadas