Expourense organiza a 9ª edición dos Premios “Líderes en Calidade” para celebrar o Día Mundial da Calidade

06-11-2019

>> Cafés Lisboa, o Servizo de Cardioloxía da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, Grupo Cuevas, Fundación Paideia, Grupo ALUDEC e ASPANAE son as entidades recoñecidas este ano >> A cita será mañá xoves 7 de novembro ás 10.30 horas

Ourense, 06/11/2019.- “Calidade 4.0”. Este é o lema do Día Mundial da Calidade 2019 que se celebra este xoves 7 de novembro e que, como é habitual, Expourense conmemorará organizando unha Xornada de Exaltación. Esto inclúe a entrega dos Premios “Líderes en Calidade” a empresas e institucións galegas recoñecidas por ser un modelo a seguir nos seus respectivos sectores e das que destaca o seu compromiso coa Calidade e co Medio Ambiente. 

Esta iniciativa ten como obxectivo sensibilizar tanto a empresas privadas como a entidades públicas da necesidade de incorporar aos seus modelos de xestión as directrices da calidade e do medio ambiente, co fin de prestar servizos eficientes e acadar a satisfacción do cliente. Deste xeito, poténciase a existencia de empresas e administracións competitivas nun escenario globalizado. 

IX Premios Líderes en Calidade 
Por noveno ano consecutivo, un xurado integrado polo Comité Executivo de Expourense, a entidade de certificación AENOR e a consultora Serviguide, elixiu ás empresas e institucións merecedoras dos premios “Líderes en Calidade” a empresas e entidades galegas. Éstas pertencen aos sectores que máis preocupan ao cidadán como son a Alimentación, a Sanidade, a Educación, o Medioambiente-Sustentabilidade ou os servizos sociais.

A xornada, que comezará ás 10.30 h., incluirá unha presentación de cada empresa ou institución distinguida sobre a súa experiencia ao incorporar a calidade e o Medio Ambiente ao seu modelo de xestión. Con esta acción, o Padroado de Expourense pretende contribuir a poñer en valor o esforzo das organizacións que se dotan de sistemas que lles permiten competir mundialmente, independentemente da súa dimensión, e que poden servir de modelo a outras empresas. 

As entidades elixidas como “Líderes en Calidade” polo xurado no 2019 son:

* Sector Alimentación. Cafés Lisboa (Ourense).

* Sector Sanitario. Servizo de Cardioloxía da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza (A Coruña). 

* Internacionalización. Grupo Cuevas (Ourense).

* Sector Educación. Fundación Paideia (A Coruña).

* Medioambiente. Grupo Aludec (Pontevedra).

* Servizos sociais: ASPANAES (A Coruña).  

A entrega de premios está prevista para as 12.10 h. e a continuación servirase un viño galego. A entrada é libre pero require de inscrición previa a través de expourense@expourense.org  ou do número de teléfono 988 36 60 30.


Con esta actividade xa habitual no calendario de eventos de Expourense, a Fundación contribúe a cumprir os seus obxectivos anuais que pasan por fomentar entre as empresas en particular e o resto da sociedade en xeral: a Internacionalización, a Calidade, a Innovación, Emprendemento e a Formación.


Fotos Relacionadas