A gala de entrega da cuarta edición dos Premios Paraugas celébrase o vindeiro 29 de novembro en Expourense

05-11-2019

• O prazo de inscrición remata este mércores 6 de novembro • Durante a gala recibirá unha homenaxe póstuma o publicista e editor ourensán Luis Carballo

O Clúster da Comunicación de Galicia promove este mes a cuarta edición dos Premios Paraugas, que naceron en 2016 coa idea de poñer en valor e distinguir o excelente traballo que se fai na nosa terra nas áreas de deseño, creatividade, edición, impresión, comunicación e marketing. A gala de entrega destes recoñecementos terá lugar en Expourense o vindeiro 29 de novembro, nun acto posterior á celebración do VII Foro da Comunicación de Galicia. 

Os premios tamén distinguen boas prácticas no ámbito da impresión dixital e do marketing online, dous campos de actividade que están a medrar considerablemente. Ademais, durante a gala, recibirá unha homenaxe póstuma o publicista e editor ourensán Luis Carballo, que faleceu este mesmo ano.

Últimos días para inscribirse

O prazo para inscribirse na cuarta edición dos Premios Paraugas remata este mércores 6 de novembro. Ata entón poden presentarse todos os traballos desenvolvidos entre outubro de 2018 e outubro do 2019 que teñan que ver con algunha das categorías fixadas. A inscrición pode efectuarse dixitalmente a través da páxina web creada ao efecto: www.premios.clustercomunicacion.gal.

Deste xeito, a convocatoria recoñecerá a labor de empresas, institucións e organizacións que destaquen polo seu bo facer dentro das áreas que conforman a cadea de valor da comunicación. 

Xurado e patrocinadores 

O xurado está formado por membros da Xunta Directiva do Clúster da Comunicación de Galicia e por outros membros das asociacións integradas no organismo, tales como Markea, Dircom Galicia e Creatividade Galega, así como por diversos profesionais de prestixio, e valorará os traballos no seu conxunto. 

Algunhas das categorías están patrocinadas por entidades ou empresas que respaldan a iniciativa tales como HP Índigo, GAIN, BySidecar, .gal, Avante e Galicia Calidade. Os galardóns tamén contan co patrocinio da Deputación de Ourense.

Categorías de participación 

A cuarta convocatoria dos premios comprende as seguintes categorías: 

Categoría Edición 

o Premio Paraugas ao Mellor Libro

o Premio Paraugas ao Mellor Catálogo Publicitario

Categoría Impresión (Premios HP Indigo)

o Premio Paraugas ao Mellor Traballo Comercial (libro, folleto ou catálogo) impreso con Tecnoloxía Índigo

Categoría Deseño (Premios GAIN)

o Premio Paraugas ao Mellor Deseño Gráfico

o Premio Paraugas ao Mellor Deseño Industrial

o Premio Paraugas ao Mellor Deseño Dixital


Categoría Creatividade (Premios BySidecar) 

o Premio Paraugas á Mellor Creatividade Gráfica

o Premio Paraugas á Mellor Creatividade Audiovisual

o Premio Paraugas á Mellor Creatividade no uso dos Medios


Categoría Marketing Dixital (Premios .gal)

o Premio Paraugas á Mellor Estratexia Dixital

o Premio Paraugas ao Mellor Proxecto de Negocio Dixital

o Premio Paraugas ao Mellor Proxecto de Social Media


Categoría Marketing (Premios Avante)

o Premio Paraugas á Mellor Estratexia/Acción de Branding

o Premio Paraugas á Mellor Acción Relación/Escoita ao Cliente

o Premio Paraugas á Mellor Estratexia/Acción de Produto


Categoría Comunicación (Premios Galicia Calidade)

o Premio Paraugas á Mellor Estratexia de Comunicación Externa

o Premio Paraugas á Mellor Estratexia de Comunicación Interna

o Premio Paraugas á Mellor Práctica na Comunicación da Responsabilidade Social Empresarial



Gala de entrega e homenaxes

A entrega de premios terá lugar o 29 de novembro nunha gala especial, trala celebración do VII Foro de Comunicación de Galicia, no recinto feiral de Expourense. Nese mesmo acto o Clúster homenaxeará ás persoas e institucións que, pola súa traxectoria, pola súa contribución, ou por compartir os principios fundacionais do organismo, sexan merecedoras desta distinción. Entre eles atópase Alejandro Rubín, cabeza visible de Expourense durante dúas décadas.

Ademais, recibirá unha homenaxe póstuma o publicista e editor ourensán Luis Carballo, que faleceu este mesmo ano. Trátase dunha mostra do recoñecemento á súa labor como fundador da revista de comunicación Galicia Moda e como creador do Pelegrín, mascota e imaxe oficial do Ano Santo de 1993, o primeiro Xacobeo moderno.

Sobre o Clúster da Comunicación de Galicia

O Clúster da Comunicación de Galicia representa á cadea de valor da comunicación en Galicia. Entre os seus obxectivos máis relevantes figura a procura da mellora da competitividade dos seus membros a través de catro vías de acción: comunicación, colaboración, innovación e inter

Fotos Relacionadas