PRIMEIROS XOGOS INTERCENTROS DE BÁMINTON – OURENSE
I XOGOS INTERCENTROS DE BÁDMINTON. OURENSE
As instalacións de Expourense, hoxe instalación deportiva para o Bádminton, serán esceario do I Xogos Intercentros de Bádminton, o venres 08 de abril de 2.022. Ourense.
A Fundación Expourense, organiza xunto coa Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e a Consellería de Educación do Concello de Ourense os I Xogos Intercentros de Bádminton de Ourense o vindeiro 08 de abril de 2022 nas instalacións de Expourense.
Un verdadeiro éxito de convocatoria xa que, en quince días escasos, inscribíronse cerca de 300 alumnos e alumnas de doce centros educativos de Educación Secundaria Obrigatoria da cidade e da provincia de Ourense, que comezará ás 09:00 da mañá e se prevé que finalice en torno ás 14:00 horas.
Os participantes son alumnas e alumnos nos cursos de 1º e 2º da ESO. O principal requisito é que non participen en competicións federadas do deporte no que se disputa os Xogos.
É un sistema novidoso, que procura a integración da actividade física e deportiva nos hábitos cotiás dos alumnos, ao estender a práctica deportiva por riba do horario lectivo tan acortado das sesión semanais de educación física. Deste xeito, a estes alumnos, nun momento de máxima demanda de exercicio físico derivado dos cambios físicos, psicolóxicos e afectivos, se lle ofrece unha alternativa deportiva competitiva dentro do horario escolar.
Nos vindeiros cursos, está proxectado que previamente a estes encontros de Xogos Intercentros, se desenvolvan fases clasificatorias nos propios centros educativos, trimestre por trimestre.
A competición é por equipos mixtos de cada centro por enfrontamento directo con outro centro educativo en dúas categorías, 1º e 2º da ESO. Tódolos xogadores aliñados deben disputar algún dos cinco partidos por encontro (Individual masculino/feminino, dobres masculino/feminino e dobres mixto). Térase en conta tamén que os xogadores deberán variar encontro por encontro, para que tod@s participen.
Por último, debemos agradecer a implicación dos Departamentos de Educación Física dos distintos centros educativos participantes, así como da Deputación de Ourense e o Consello Municipal de Deportes polo apoio a tódolos eventos deportivos nestas instalacións.