07-05-2019 Previsel ofrece formación, información e asesoramento especializado en prevención e seguridade laboral

  • >> O salón ofrece máis de 30 actividades nas que destaca a formación especializada dirixida a traballadores pero tamén información xeral e asesoramento para futuros profesionais >> Esta cita deixa patente que a seguridade no traballo (e tamén en outros ámbito da vida das persoas) é unha tarefa colectiva que precisa da implicación de todos os axentes sociais
Previsel, Salón da Prevención e Seguridade Laboral, abriu esta mañá en Expourense para poñer en valor a necesidade de contar con formación especializada en prevención. Esta cita foi inaugurada esta mañá nun acto no que participaron a delegada territorial da Xunta de Galicia, Marisol Díaz Mouteira, quen sinalou que “a prevención de riscos laborais é unha tarefa colectiva, na que ten que estar inmersa toda a sociedade e coa que se contribúe a xerar emprego de calidade e á mellora da competitividade”. Estivo acompañada polo vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; pola xerente do ISSGA, Adela Quinzá-Torroja, e pola vicepresidenta da CEO, Marisol Novoa. 

Esta primeira xornada do salón comezou co simulacro de evacuación realizado no Pavillón dos Deportes Paco Paz. Esta actividade, coordinada pola Deputación provincial de Ourense, consistiu na simulación dunha emerxencia durante un partido de baloncesto do COB, no que os asistentes recibiron a través da megafonía aviso dunha emerxencia xeral que os obrigaba a abandonar o recinto. No simulacro colaboraron: o persoal do Pazo dos Deportes, os bombeiros do Concello de Ourense, a Policía Local, a Policía Nacional, Protección Civil e TESGALICIA.

Formar, informar e asesorar son os eixos sobre os que xira a trintena de actividades desta edición 30 actividades que teñen o obxectivo de sensibilizar da necesidade de contar con formación en materia de seguridade e prevención de riscos ou de enfermidades. As actividades celebradas hoxe tiveron un bo seguemento por parte do público asistente. Unha das que contou con maior participación foi a xornada teórico-práctica sobre mobilización de persoas con capacidade reducida organizada polo Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia, ISSGA, no que se analizaron os trastornos musculoesqueléticos que provoca a tarefa de coidador e no que se deron recomendacións prácticas na mobilización manual de persoas.

Outras das actividades que chamaron a atención do público foi a visita do helicóptero de emerxencias do 061 e do Posto de Mando Avanzado da AXEGA e a súa unidade de drons de vixiancia. 
O sindicato Comisións Obreiras organizou hoxe tamén en Previsel unha xornada sobre a prevención laboral dende unha perspectiva de xénero na que participaron afiliados de toda Galicia. Ademais, leron o manifesto de commemoración do Día Mundial da Saúde no Traballo que se celebrará este domingo 28 de abril baixo o lema “Seguridade, saúde e o futuro do traballo” e que servirá para celebrar tamén o primeiro centenario da Organización Internacional do Traballo, OIT.
Durante tarde desta primeira xornada celebrarse a mesa redonda na que representantes de distintos colexios profesionais vencellados coa edificación analizaráno novo regulamento de instalacións de protección contra incendios (RIPCI). Tamén se impartirá un curso sobre uso de desfibriladores externos (DESA). 
Nunha xornada marcada polo incendio esta madrugada das Termas da Chavasqueira, en Ourense, Previsel serve tamén de escaparate da importancia do traballo que realizan os distintos corpos de seguridade e equipos de emerxencia para garantir o benestar da cidadanía visibilizando o traballo dos profesionais deste sector e a importancia de que conten con formación especializada e actualizada en prevención e seguridade laboral que é precisamente o que este salón leva 14 anos ofrecendo.. 
Entre as actividades permanentes destacan as cadeas de supervivencia da Cruz Vermella que atendeu a numerosos grupos durante toda a mañá. Outra das actividades demandadas foron as medicións antropométricas que realiza a Consellería de Sanidade. 
Previsel conclúe mañá xoves en horario de 10.00 a 14.00 h. 



Imágenes asociadas




Mayo 2019
L M X J V S D
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031


imagen