06-12-2018 Megaxove ofreceu 60 alternativas de lecer

  • - A 19ª edición do salón da Xuventude pechou con 3.000 visitas que elixiron entre as 60 actividades de lecer, deportivas e solidarias - Esta última xornada acolleu a carreira competitiva “Iron Children” e as minicompeticións de atletismo

Ourense, 06/12/2018.- Logo de dous días de intensa actividade, Megaxove pecha esta tarde as portas da súa 19ª edición convertido no lugar elexido por ó redor de 3.000 visitas que se concentraron especialmente na xornada festiva da Constitución. Asociacións xuvenís, voluntariado e clubes deportivos aproveitaron a súa participación no Salón da Xuventude para dar a coñecer o labor que realizan durante todo o ano.

A última xornada do Salón estivo marcada pola celebración de dúas probas deportivas. A primeira delas foron as minicompeticións de atletismo que contou coa participación de medio cento de rapaces das categorías, pre-alevín, alevín, benxamín e infantil, a meirande parte deles membros do Clube Atletismo Ourense, organizador desta proba, pero tamén participaron atletas de xeito independente. A segunda das probas celebradas hoxe foi a carreira competitiva e cronometrada “Iron Children- Humor Amarelo” que foi desputada na xincana inchable xigante achegada pola Concellería de Xuventude de Ourense e que se converteu na gran atracción desta edición. Dentro do deporte tamén se celebraron hoxe exhibicións e clases abertas de Judo, que concentrou a centos de participantes e as súas familias, e continuaron os circuítos de ciclismo infantil organizados por Maese Bike. 

O salón da Xuventude ofreceu a posibilidade de practicar actividades xa coñecidas polos visitantes, pero serviu tamén de andén de promoción e descubrimento doutras actividades vencelladas ao tempo libre e ó lecer, dende xogos populares e tradicionais ata videoxogos ou obradoiros de serigrafía ou de títeres.

Finaliza así o calendario feiral de Expourense para o ano 2018, pero non a actividade no recinto xa que a partir do día 15 de decembro comezarán a desputarse distintas probas deportivas na pista de atletismo cuberta. Polo que se refire ás feiras, a próxima cita feiral será do 6 ó 10 de febreiro coa celebración da 20ª edición de Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico.




Imágenes asociadas




Diciembre 2018
L M X J V S D
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31


imagen