06-11-2018 Expourense organiza a 8ª edición dos Premios “Líderes en Calidade” para celebrar o Día Mundial da Calidade

  • >> Casa Grande de Xanceda, Hospital Universitario Lucus Augusti, Colexio Rural Agrupado de Ponteceso, GADISA e Down Galicia son os premiados deste ano >> A cita será este xoves 8 de novembro ás 10.30 horas

Ourense, 06/11/2018.- “Líderes Ocultos. Heroes da Calidade”. Este é o lema do Día Mundial da Calidade 2018 que se celebra este xoves 8 de novembro e que, como é habitual nos últimos anos, Expourense conmemorará organizando unha Xornada de Exaltación. Esto inclúe a entrega dos Premios “Líderes en Calidade” a empresas e institucións galegas recoñecidas por ser un modelo a seguir nos seus respectivos sectores e das que destaca o seu compromiso coa Calidade e co Medio Ambiente. 

Esta iniciativa ten como obxectivo sensibilizar tanto a empresas privadas como a entidades públicas da necesidade de incorporar aos seus modelos de xestión as directrices da calidade e do medio ambiente, co fin de prestar servizos eficientes e acadar a satisfacción do cliente. Deste xeito, poténciase a existencia de empresas e administracións competitivas nun escenario globalizado. 

VIII Premios Líderes en Calidade 
Por oitavo ano consecutivo, un xurado integrado polo Comité Executivo de Expourense, a entidade de certificación AENOR e a consultora Serviguide, elixiu ás empresas e institucións merecedoras dos premios “Líderes en Calidade” a empresas e entidades galegas. Éstas pertencen aos sectores que máis preocupan ao cidadán como son a Alimentación, a Sanidade, a Educación ou o Medioambiente-Sustentabilidade. Este ano, como novidade, inclúese a categoría de Servizos Sociais, dado o importante papel que desempeña este sector nunha sociedade inclusiva.

A xornada, que comezará ás 10.30 h., incluirá unha presentación de cada empresa ou institución distinguida sobre a súa experiencia ao incorporar a calidade e o Medio Ambiente ao seu modelo de xestión. Con esta acción, o Padroado de Expourense pretende contribuir a poñer en valor o esforzo das organizacións que se dotan de sistemas que lles permiten competir mundialmente, independentemente da súa dimensión, e que poden servir de modelo a outras empresas. 

As entidades elixidas como “Líderes en Calidade” polo xurado no 2018 son:

• Sector Alimentación: Casa Grande de Xanceda.
• Sector Sanitario: Hospital Universitario Lucus Augusti.
• Sector Educación: Colexio Rural Agrupado Nosa Señora do Faro de Ponteceso.
• Medioambiente: GADISA.
• Servizos sociais: Federación Galega de Institución para a Síndrome de Down - Down Galicia.

A entrega de premios está prevista para as 12.30 h. e a continuación servirase un viño galego. A entrada é libre pero require de inscrición previa a través de expourense@expourense.org ou do número de teléfono 988 36 60 30.

Con esta actividade xa habitual no calendario de eventos de Expourense, a Fundación contribúe a cumprir os seus obxectivos anuais que pasan por fomentar entre as empresas en particular e o resto da sociedade en xeral: a Internacionalización, a Calidade, a Innovación, Emprendemento e a Formación.





Imágenes asociadas




Noviembre 2018
L M X J V S D
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930


imagen