03-11-2018 La Xunta de Galicia invertirá 920.000 euros en Expourense para impulsar su actividad deportiva y ferial

A Consellería de Economía, Emprego e Industria colabora coa Fundación de Feiras e Exposicións de Ourense para incrementar o espazo expositivo en 400 m2 e ampliar da pista de atletismo ata as 1500 persoas, o que permitirá desenvolver ao mesmo tempo actuacións deportivas e de caracter feiral.

RECINTO FERIAL EXPOURENSE – PISTA CUBIERTA
A Xunta investirá máis de 920.000 euros en Expourense co obxectivo de continuar a impulsar a actividade feiral ao tempo que se favorece a multifuncionalidade do recinto. Así, a achega da Consellería de Economía, Emprego e Industria permitirá ampliar a capacidade da pista de atletismo hidráulica ata as 1500  persoas  coa  instalación  de novas bancadas, o que permitirá acoller competicións de maior prestixio e incrementar o espazo expositivo en 400 m2, de forma que se poidan celebrar de xeito simultáneo no tempo actuacións deportivas e de carácter feiral.

As obras, que se prevén executar este ano, realizaranse mediante un convenio de colaboración con Expourense. Este acordo tamén comprende melloras na eficiencia enerxética do edificio, así como a instalación de diverso equipamento de imaxe e proxección. Deste xeito, dáse resposta a unha solicitude realizada  por  Expourense  a través do presidente do seu comité executivo e alcalde de Oruense, Jesús Vázquez.

Expourense consolídase ano tras ano como unha plataforma que fomenta a competitividade das empresas galegas e impulsa a internacionalización en sectores estratéxicos como o termalismo, a enogastronomía ou a  automoción.  Así,  durante  o 2017, Expourense celebrou 11 feiras, dúas delas de carácter internacional, e 29 eventos, que atraeron 89.000 visitas e 940 expositores de 46 países.

A instalación da nova pista hidráulica de atletismo cuberta, que supuxo  un investimento por parte da Secretaría Xeral para o Deporte de máis de 3,5 millóns de euros e que se sitúa entre as mellores de toda España, fai posible que a cidade poida acoller competicións deportivas nacionais e internacionais e garante  unha  maior ocupación  do  recinto  nos  meses  de  inverno.  Desde  a  súa  posta  en  marcha  en decembro de 2017, a pista deportiva acolleu 16 eventos, nos que participaron máis de 10.000 persoas, entre xuíces, deportistas e visitantes.

Con esta actuación, coa que se sumarán 4,4 millóns de euros na optimización de Expourense en dous anos, dáse resposta ás prioridades formuladas polo Padroado da Fundación, que preside a Xunta de Galicia, para o que permite incrementar a competitividade dun recinto clave para o impulso económico, deportivo e  social  da cidade e da provincia de Ourense.



Imágenes asociadas




Noviembre 2018
L M X J V S D
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930


imagen