16-01-2018 A vicepresidenta do Comité Olímpico Español apoia a Semana do Baile Deportivo de Ourense

  • >> Isabel García Sanz visitou o stand do evento ourensán durante a Dance Sport Cup celebrada esta fin de semana en Benidorm

“Ou18 será un éxito”. Con estas palabras calificou a vicepresidenta do Comité Olímpico Español, Isabel García Sanz, a “Semana do Baile Deportivo Ou18” que se celebrará en Ourense entre o 22 e o 24 de xuño de 2018. A vicepresidenta visitou o stand no que o evento ourensán se promocionou durante a Dance Sport Cup, celebrada esta fin de semana en Benidorm e onde foi recibida polo organizador de “Ou 18” e presidente do Clube Deportivo Moovett, Juan Manuel Fernández Nóvoa. A Dance Sport Cup é unha competición internacional cun “World Open” na que participaron máis de 500 bailaríns de todo o mundo. 

Continúa así a promoción da “Semana do Baile Deportivo Ou18”, un evento organizado entre a Federación Española de Baile Deportivo, Expourense e o Clube Deportivo Moovett e que conta co apoio da Deputación Provincial de Ourense. Celebrarase entre as instalacións do recinto feiral e as do pavillón Paco Paz. Esta semana do baile integra varias competicións de rango internacional como:

- Campionato de España da Modalidade de Bailes Latinos 2018.
- Campionato de España de Danza Coreográfica 2018.
- Campionato de España de Bailes Caribeños 2018.
- Campionato de España de Hip Hop 2018.
- Campionato de España de Line Dance 2018.
- Campionato de España “A” Latinos e Estándar.
- Trofeo Nacional Ourense Provincia Termal 2018.
- Copa Promoción Latinos e Estándar 1ª Territorial e C.
- Congreso Internacional de Baile Ourense Provincia Termal 2018.
- Congreso Anual de Xuices das Especialidades de Estándar, Latinos, Danza Coreográfica e Bailes Caribeños 2018.
- Congreso Anual de Técnicos das Especialidades de Estándar, Latinos, Danza Coreográfica e Bailes Caribeños 2018.
- Campus de Verán do Equipo de Técnificación 2018.

  




Imágenes asociadas




Mayo 2018
L M X J V S D
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031


imagen