09-11-2017 Expourense celebra o Día Mundial da Calidade entregando os VII Premios Líderes en Calidade

  • >> Pescados Rubén, Fundación Valdegodos, Anfaco-Cecopesca, Grupo Academia Postal e Televés foron os premiados deste ano >> Tamén se recoñeceron os 40 anos da Confederación Empresarial de Ourense, CEO, como entidade que anima ás empresas a implantar modelos de xestión da calidade

Ourense, 09/11/2017.- “Liderar en tempos de cambio”. Este foi o lema do Día Mundial da Calidade 2017 que se celebrou hoxe e que, como é habitual nos últimos anos, Expourense conmemora organizando unha Xornada de Exaltación que incluíu a entrega dos VII Premios “Líderes en Calidade” a empresas galegas recoñecidas por ser un modelo a seguir nos seus respectivos sectores e das que destaca o seu compromiso coa Calidade e co Medio Ambiente. 

Esta iniciativa contou co apoio do Grupo S4 Correduría de Seguros e tivo como obxectivo sensibilizar tanto a empresas privadas como a entidades públicas da necesidade de incorporar aos seus modelos de xestión as directrices da calidade e do medio ambiente, co fin de prestar servizos eficientes e acadar a satisfacción do cliente. Deste xeito, poténciase a existencia de empresas e administracións competitivas nun escenario globalizado. 

A mesa de apertura desta xornada correu a do director de AENOR en Galicia, Martín Pita; do director da consultora especializada en calidade Serviguide, Manuel Galán, e do director xerente de Expourense, Alejandro Rubín. Os tres explicaron que a calidade é un lugar de encontro “porque a todos nos gustan facer as cousas ben” e indicaron que xa un aspecto básico na competitividade empresarial.

VII Premios Líderes en Calidade 

Por sétimo ano consecutivo, un xurado integrado polo Comité Executivo de Expourense, a entidade de certificación AENOR e a consultora Serviguide, elixiu ás empresas e institucións merecedoras dos premios “Líderes en Calidade” a empresas e entidades galegas. Éstas pertencen aos sectores que máis preocupan ao cidadán como son a Alimentación, a Sanidade ou a Educación; pero tamén ao empresario como é o caso da internacionalización ou o Medio Ambiente, nun momento no que contar con estas certificacións convértese nun requisito case imprescindible á hora de exportar o produto. 

A xornada comprendeu unha presentación de cada empresa ou institución distinguida sobre a súa experiencia ao incorporar a Calidade e o Medio Ambiente ao seu modelo de xestión. Con esta acción, o Padroado de Expourense pretende contribuir a poñer en valor o esforzo das organizacións que se dotan de sistemas que lles permiten competir mundialmente, independentemente da súa dimensión, e que poden servir de modelo a outras empresas. 

As entidades elixidas como “Líderes en Calidade” polo xurado no 2017 foron:

• Sector Alimentación: Pescados Rubén S.L. (Lugo).
Pescados Rubén , S.L., con sede en Foz (Lugo) é unha empresa líder no sector da pesca. A súa xerente, Concepción Blanco, explicou que “calidade e alimentación teñen que ir unidos e cada empresa debe de intentar levar á mesa do seu cliente o mellor do mellor” e indicou tamén que “a calidade axúdache a reparar en pequenos detalles que aínda te fan ser mellor do que un pensa que é”. A actividade desta empresa é subministrar peixe e marisco (fresco ou conxelado) a grandes áreas comerciais e aos mercados centrais. No referente á certificación ISO, dende o 2004 está certificado en ISO 9001 en todas as fases da produción, dende as manuais ata as informáticas e robotizadas.

• Sector Socio-Sanitario: Fundación Valdegodos (Ourense).
A Fundación Valdegodos, con sede en O Barco de Valdeooras e con seis centros repartidos por Galicia, é unha entidade a adicada á asistencia e atención de persoas maiores “cuxo principal obxectivo é que tanto os usuarios como os familiares consideren que os nosos centros satisfacen as expectativas de atención cualificada, de acollida confortable y de respesto á dignidade da persoa e á súa independencia”, tal e como explicou a súa responsable de calidade, Mercedes Macías.

• Internacionalización: Anfaco-Cecopesca (Pontevedra).
ANFACO-CECOPESCA é unha organización empresarial independente, de ámbito nacional, cuxo labor se centra na representación e defensa dos intereses das máis de 245 empresas pertencentes a todos os eslabones do complexo mar-industria, conformando deste xeito un auténtico clúster no ámbito do sector agro-mar alimentario. O seu secretaria xeral, Juan M. Vieites, explicou que “buscamos a excelencia en todo o proceso para aumentar a competitividade das nosos empresas”. A cifra de facturación global dos seus asociados ascinde a preto de 7.300 millones de euros, empregando a máis de 25.000 traballadores e comercializando os seus produtos en máis de 115 países de 5 continentes.

• Sector Educación: Grupo Academia Postal (Ourense).
Pola súa profesionalidade e polos seus resultados positivos, Grupo Academia Postal é todo un referente a nivel nacional á hora de preparar oposicións. Conta cunha rede de centros en todas as ciudades galegas, ademais de Porto, Valladolid e Madrid e dispón dunha editorial especializada en publicar manuais e docuemntación para as oposición en galego. Segundo indicou o seu director, Francisco Nóvoa, a “calidade para nós vais empre unida á inconformidade e á innovación e tratámola como un asunto diario”. 

• Medioambiente e Internacionalización: Televés S.A. (A Coruña).
Televés, con sede en Santiago de Compostela, e co lema “tecnoloxía europea feira en Europa” é unha das marcas renombradas de España pola súa traxectoria impecable a nivel internacional controlada sempre dende Galicia, dende o deseño ata a fabricación. O seu director de fabricación, Jorge Montero, explicou hoxe que “a calidade non se controla, a calidade prodúcese”. A aposta desta empresa é axudar a que os seus clientes estean tecnicamente preparados para implementar calquera tipo de instalación de televisión ou servizos de telecomunicacións.

• Premio á traxectoria: Confederación Empresarial de Ourense – CEO.
Ademais de a estas empresas, hoxe tamén se recoñeceron os 40 anos de traxectoria da Confederación Empresarial de Ourense, CEO, como entidade que anima aos seus asociados a implantar nas empresas modelos de xestión de calidade e medioambiente. Por outro lado, a CEO foi a primeira conferedeación empresarial de España en certificarse en Medio Ambiente. 

Os premios foron entregados por membros do Padroado de Expourense como o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; a delegada territorial da Xunta de Galicia, Marisol Díaz Mouteira; o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o director de ABANCA en Ourense, Rubén Saavedra e o presidente da CEO; José Manuel Pérez Canal. Tamén participou nesta entrega a directora de Grupo S4 en Ourense, Pilar Sarabia.




Imágenes asociadas




Noviembre 2017
L M X J V S D
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930


imagen