17-02-2017 O comercio local de Ourense prepara xa a 24ª Mostra da Oportunidade

  • >> As asociacións empresariais aproveitarán esta cita para impulsar a liquidación de stocks no período final de rebaixas

Ourense, 17/02/17.- Representantes das asociacións de comerciantes de Ourense e comarca reuníronse en Expourense para organizar os últimos detalles da que será xa a 24ª Mostra da Oportunidade, a celebrar no recinto feiral entre o 3 e o 5 de marzo. As datas nas que se realiza permitiranlle ao comercio local poñer o punto final e dinamizar as vendas no período de rebaixas da tempada.

Expourense, en colaboración co asociacionismo, puxo en marcha unha edición máis unha acción especial que está a promover a participación agrupada das empresas. Xa confirmaron a súa presenza na feira o Centro Comercial Aberto Ourense Centro, o do Couto Centro, o de Ourense Norte e a Asociación de Comerciantes e Empresas de A Valenzá. Tamén está confirmada a participación da Asociación de Comerciantes de Allariz. Os establecementos asociados que pechan a súa participación nesta cita contan cun espazo en feira para ofrecer os seus produtos  a prezos vantaxosos para os milleiros de visitantes que sempre recibe a Mostra da Oportunidade. 

Avanzada xa a comercialización, pódese comentar que o sector téxtil e o calzado, xunto aos complementos para o fogar, serán os que maior presenza terán nesta edición da Mostra da Oportunidade na que tamén se poderán atopar outros produtos de sectores como a xardinería, os complementos ou a alimentación.
O comercio é un dos principais motores económicos e sociais da provincia de Ourense e citas como a Mostra contribúen a dinamizar as vendas e a captar novos clientes fora da súa área de influencia habitual. A Mostra é unha cita moi consolidada que conta cun alto índice de fidelidade tanto por parte do expositor como por parte do público.

O público que acuda á Mostra terá a opción de, nunha mesma visita, con comodidade e sen apenas desprazarse, elixir entre moitas propostas de produtos a prezos especiais e, ademais, atopar artigos que non sempre están presentes nas canles habituais de venda. Para facer máis cómoda a visita, o salón conta cun amplo horario que vai dende as once da mañá ás nove da noite, é dicir, dez horas ininterrompidas os tres días de feira. 




Imágenes asociadas




Noviembre 2017
L M X J V S D
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930


imagen