07-12-2016 A prevención ao acoso escolar a análise en Megaxove

  • O Salón da Xuventude acolleu hoxe a celebración dunha mesa redonda sobre bullying que estivo coordinada pola Fundación Cipri Gomes A exhibición deportiva de Haidong Gumdo (arte marcial coreana) de mán do Maestro Lee foi unha das actividades máis chamativas

No marco de Megaxove tivo lugar, como novidade, un obradoiro de prevención e identificación de casos de acoso escolar. A esta actividade, á que asistiron tanto profesionais como pais e adolescentes, estivo coordinada pola Fundación Cipri Gomes e contou con expertos que traballan no día a día da prevención deste tipo de casos.

Nesta mesa de traballo participaron Dolores Nieto Campos, profesora e autora de estudos e numerosos artigos en prensa especializada; Roberto Valente, axente da Gardia Civil especializado en Ciber Acoso; Carlos Ferreira Gómez, Profesor e precursor do Programa protocolario sobre Mediación Escolar no I.E.S. de Viana do Bolo; e Cipriano Gomes, instructor de Defensa Persoal. Durante as súas intervencións, os conferenciantes deron consellos as familias de cómo actuar para previr casos tanto de abuso físico como cibernético, práctica que hoxe en día “estigmatiza a situación de acoso e a prolonga durante as 24 horas do día”, segundo insistiu Roberto Valente.

Todos os relatores incidiron na importancia de fomentar a convivencia, en primeiro lugar na familia e en segundo lugar nos centros de formación entre os alumnado, ou  mediante a práctica de deportes como ferramenta para propiciar que os nenos e nenas teñan capacidade de empatía. De feito Ourense, dado que é unha provincia cun tecido familiar forte conta con menos casos de acoso por alumno escolarizado que outros puntos de España. Nesta mesa de traballo tamén se abordou a importancia da formación en valores sobre o uso da propia imaxe dos máis novos- especialmente nas redes sociais (que é propiedade dos menores a partir dos 14 anos) xa que o que se publica perdura para sempre, así como a recomendación aos pais de que revisen os teléfonos móbiles dos seus fillos para coñecelos máis a fondo.
Outro dos puntos no que coincidiron é a necesidade de reforzar o diálogo. Dolores Nieto asegurou que ata 4º de ESO os nenos e nenas confían na figura do mestre e se teñen a seguridade de que van ser escoitados, serán quen de trasladar a situación que están vivindo aos seus profesores. Considera ademais que este diálogo é útil “tanto coas vítimas para proporcionarlles apoio, como cos agresores para tratar de reconducir a súa conduta” e adiantou que a Xunta de Galicia está a definir un protocolo de actuación.

No ámbito deportivo, hoxe tivo lugar a exhibición de Haidong Gumdo (arte marcial de manexo dunha espada tradicional coreana), que estivo impartida polo Maestro Lee, introdutor e fundador en España desta novidosa arte marcial coreana, así como responsable da súa difusión no noso país. Tamén tiveron o seu espazo en Megaxove na xornada de hoxe o kickboxing, a halterofilia, o karate e a danza da mán dos alumnos da Escola de Danza Provincial Castro Floxo.

Participación aberta a todos

Megaxove, de entrada gratuíta, permanecerá aberto mañá xoves 8 en horario de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h. O programa actualizado pódese consultar na web www.expourense.org e agrádecese que as familias participantes que poidan facer a súa achega a Operación Quilo Megaxove que Expourense realiza en cooperación con Amencer co fin de enviar alimentos a aqueles que máis o precisan.



Imágenes asociadas




Septiembre 2017
L M X J V S D
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930


imagen