25-10-2016 El comercio ourensano acude a Celebra para presentar calidad, diseño y originalidad en la organización de eventos

  • >> Habrá pasarela de moda nupcial y fiesta que contará con la participación de una docena de empresas de la provincia >> Conta con más de 60 expositores, y cerca del 80% son de Ourense por el que esta cita contribuirá a la dinamización del comercio local

Ourense, 25/10/2016.- Unha plataforma que presenta, ante milleiros de visitas, a calidade, o deseño e a orixinalidade cos que traballan as empresas ourensás á hora de organizar eventos. Isto será o que ofreza Celebra 2016, o Salón de Vodas, Comuñóns, Bautizos e Actos Sociais que terá lugar en Expourense esta fin de semana do 29 e 30 de outubro e durante a cal os expositores ofrecerán asesoramento profesional. Como é habitual, as pasarelas de moda nupcial e festa serán os puntos fortes desta cita. 

A feira, que se presentou esta mañá en rolda de prensa, “conta cunha forte participación do comercio e de empresarios ourensáns, que grazas á súa involucración, esta cita converteuse nun referente no sector da provincia” según declarou Marisol Nóvoa, Vicepresidenta da CEO. Pola súa parte, Emma González, Directora Adxunta de Expourense, declarou que “nesta edición, ao coincidir cunha ponte festiva, esperamos poder captar novos clientes potenciais de todas esas persoas e familias que se acheguen ata Ourense”. Tamén participaron na presentación representantes das empresas participantes na pasarela. 

A 17ª edición de Celebra contará con máis de 60 expositores que presentarán unha ampla oferta de produtos e servizos cos que dar resposta á complexa planificación de todo tipo de actos sociais tales como vodas, comuñóns, bautizos, reunións de empresas, presentacións e lanzamentos de novos produtos, etc. Esta cita convértese así nun escaparate para as empresas ourensás, xa que preto do 80% dos expositores son da provincia; aínda que tamén haberá espazo para empresas procedentes do resto de Galicia.

Unha ducia de sectores estarán presentes en CELEBRA destacando a oferta en restauración e na animación de eventos que son os que contan con maior representación. Tamén terán o seu espazo a moda nupcial e de festa, axencias de viaxes, aluguer de vehículos, repostería creativa, imprenta, servizos audiovisuais, florerías, xoiarías, fogar ou estilismo. Destaca a presenza de varias empresas especializadas na organización integral de eventos e animación, co que o visitante non só poderá coñecer as últimas novidades en servizos e produtos, senón que poderá recibir asesoramento e novas ideas. 

Actividades

As pasarelas volverán convocar ao público que se achegue para coñecer as últimas tendencias en moda nupcial e festa. Terán lugar tanto o sábado como o domingo ás 18.00 h. e contarán coa participación das seguintes empresas: Alvarino (traxes de noivo e cerimonia); Charo López (moda festa); Chévere (animación); Drácena (arranxos florais); En dos detalles (decoración); Loyma (xoiaría); Magic Stories (organización de eventos); Nicandra (moda noivas); Noar Novias (vestidos de noiva e festa); Paris Diffusion (perruquería e estética) e Passion Novias (moda noiva e comuñón). Esta actividade estará coordinada pola Axencia Luena. Todas estas firmas aseguran a organización dun evento 100% ourensán, xa que ademáis todas elas contan con coleccións de fabricación e deseño propio. 

Nos últimos anos é tendencia que os noivos sorprendan aos convidados cun baile ou flash mob polo que un dos expositores desta edición, o centro deportivo Moovett, ofrecerá un curso de baile nupcial ao sábado de 12.00 a 13.00. é Gratuíto previa inscrición. Celebra será ademáis un espazo para visitar en familia xa que contará cun área de actividades adicada aos máis pequenos e que incluirá hinchables. 

As empresas expositoras ven en Celebra unha oportunidade para reactivar o comercio minorista nunha cita á que acode público obxectivo na busca dos produtos e servizos especializados. Ó mesmo tempo, poderán captar novos clientes a curto e medio prazo. Celebra concentra un importante volume de negocio, xa que o custo medio dunha voda en Galicia (100 convidados) está a rondar os 16.320 euros, segundo datos da Federación de Usuarios e Consumidores Independentes (FUCI). 

Como é habitual nas citas de Expourense, os visitantes que decidan achegarse ata a Ourense en tren poderán obter un 35% de desconto en RENFE (inclúe AVANT). Máis información en www.expourense.org. 

A 17ª edición de Celebra abrirá as súas portas en Expourense o sábado 29 e o domingo 30 de novembro en horario de 11.00 a 14.30 e de 16.00 a 20.30 horas. Toda a información do evento pódese consultar en www.expourense.org e na súa páxina de Facebook www.facebook.com/CelebraExpourense.




Imágenes asociadas




Noviembre 2017
L M X J V S D
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930


imagen