16-06-2016 La X Jornada sobre Energías Renovables ofreció experiencias pioneras de Alemania, Bélgica, Italia y España

  • >> Cerca de 120 profesionales asistieron hoy en Expourense a esta jornada formativa >> Destacó la presentación de los objetivos de la Cumbre de París

Ourense, 16/06/2016.- A X Xornada sobre Enerxías Renovables e Eficiencia Enerxética reuniu no xornada de hoxe en Expourense a destacados relatores internacionais que abordaron temas punteiros na actualidade e presentaron experiencias pioneras na investigación xeotérmica e na construción de edificios de consumo “casi cero”. Esta xornada busca divulgar o uso das enerxías renovables e a eficiencia nun momento no que reducir custos está presente tanto nas empresas e nas administración, como a nivel particular. 

Organizada por Expourense coa asesoría da empresa Investigación geotérmica (INGEO) esta xornada conta co patrocinio do IGAPE. Foi inaugurada esta mañá pola delegada territorial da Xunta de Galicia, Marisol Díaz Mouteira, quen destacou que “o éxito que acadan estas xornadas, que xa van pola súa décima edición, indícanos que é un tema de plena actualidade e que os profesionais do sector teñen interese por ampliar a súa formación neste eido”. Lembrou ademáis que “a rendibilidade de implantar sistemas de enerxía renovable non é só económica, senón medioambiental, polo que a súa aposta beneficia a toda a sociedade”. No acto inaugural tamén participaron o Diputado de cooperación da Deputación Provincial de Ourense, Pablo Pérez, o Concelleiro de  Servizos Xerais e Promoción Económica do Concello de Ourense, Jorge Pumar, o coordinador da Xornada e Xerente de INGEO, Alfredo Fernández, e Cristina Álvarez por parte de Expourense.

A presenza no recinto feiral de investigadores pioneiros a nivel internacional no eido das renovables foi aproveitada polos asistentes para solventar dúbidas e pedir consello.

A xeotermia foi a protagonista da primeira parte da sesión de mañá desta xornada que deu comezo coa ponencia do Dr. Burkhard Sanner, Presidente do Consello Europeo de Enerxía Xeotérmica (Bélxica), que presentou as directivas e os programas europeos que se están a desenvolver para cumprir os obxectivos fixados no cumio sobre o clima de París. Dende Alemaña, o Dr. Erich Mands, do Consello Europeo para Calefacción e Refrixeración, presentou os novos modelos implementados nas “Smart cities” ou cidades sostibles.

Por outra banda, o Dr. Alberto Stella, Director e coordinador das obras de captación xeotérmica máis importantes do norte de Italia, presentou unhas experiencias prácticas sobre o mercado da enerxía xeotérmica nese país, así como o Director Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Comunidade de Madrid, Carlos López Jimeno, que introduciu aos presentes nos programas que dende as institucións se están a levar a cabo nesa comunidade. 

Neste mesmo eido, o director Técnico do centro Canalejas de Madrid explicou paso a paso o caso da implantación da xeotermia nese centro, os beneficios e o proceso que se levoua cabo para realizalo.

Pola súa parte, o Dr. Juan Carlos Durán, Profesor no Máster Universitario en Instalacións da Universidade Hispalense de Sevilla e Presidente da Asociación de Técnicos de Enerxía de Andalucía, impartiu unha ponencia sobre as experiencias de grandes instalacións de enerxía xeotérmica en circuito aberto no sur de España. Ademáis esta xornada incluiu unha conferencia sobre a eficiencia enerxética nas bombas de calor e a importancia do factor de rendemento estacional, así como o ecoetiquetado europeo que impartiu o bilbaíno Jaime Ruíz Ruíz, docente en cursos de posgrao sobre xeotermia e climatización nas universidades de Valencia, Atecyr, Fenercom e Badaxoz.

A sesión vespertina comezou coa exposición de África Castro sobre a pila de combustible, un dispositivo cada vez máis empregado e que produce enerxía eléctrica a través dun proceso electroquímico. 

Posteriormente se presentaron casos prácticos de desenvolvemento enerxético en Galicia, como son o camping autosuficiente e ecosostible das Illas Atlánticas de Ons, e o “nearly Zero Energy Building” de Oleiros, único edicifico de toda Galicia coa calificación LEED Planitum, que presentou Manuel García, director de Magaral Ingeniería a empresa encargada de desenvolver estes dous proxectos.  

As ultimas dúas ponencias da xornada centráronse na eficiciencia enerxética, na que os representantes de dúas das empresas máis punteiras de España presentaron seus respectivos proxectos en temas de climatización e ventilación. A sesión de tarde concluiu cun obradoiro práctico sobre sistemas de enerxías renovables hibridados no que participaron membros do Cluster da Enerxía Xeotérmica de Galicia.

De xeito complementario, o centro CIFP A Farixa fixo unha exposición con temas vencellados a Xeotermia, así como tamén se equipou un espazo expositivo para aquelas empresas que quixeron presentar os seus productos relacionados coa eficiencia enerxética e as enerxías renovables.

Con esta xornada, Expourense aposta novamente pola difusión e posta en valor do uso das enerxías renovables e do aforro no consumo entre as empresas, administracións e os consumidores.




Imágenes asociadas




Noviembre 2017
L M X J V S D
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930


imagen