Inicio     
Certificados de Calidad - Expourense
GALISENIOR
Voltar   

 PREVISEL - Salón da Prevención e Seguridade Laboral

 Data de inicio: 16/05/2008

 Data de fin: 18/05/2008


A consolidación da cultura preventiva, a mellora da calidade na prevención e a mellora continuada dos medios de protección a través do investimento en I+D+i son xa unha realidade.

A prevención de riscos laborais formará parte da cultura de toda empresa, así como da formación dos seus traballadores, co traballo dos distintos axentes do sector.

En Previsel, Salón da Prevención e da Seguridade Laboral, daranse cita todos eles na súa terceira edición en Expourense convertida xa nun referente na nosa comunidade.

Previsel voltará converterse nun punto de encontro de provedores e distribuídores e nunha magnífica oportunidade para os profesionais do sector de intercambiar experiencias e actualizarse en canto ás novidades técnicas (equipamentos de protección, lexislación, bibliografía, etc.).

Previsel será ademais un escaparate onde a empresa que precise dun servizo de prevención terá a oportunidade de coñecer os últimos produtos e servizos puidendo asistir a demostracións prácticas dos mesmos. Atendendo a isto, o salón estará dividido en dúas grandes áreas: Exposición e Obradoiros.

Previsel é eminentemente un salón profesional. Pero non podemos esquecer que a prevención ten unha compoñente esencial, a formación, básica ó incorporarse a calquera posto de traballo. Por este motivo, o público potencial da feira ábrese a un amplo sector da sociedade galega.

HORARIO

Venres, sábado r domingo de 11 a 14 r de 16 a 20 horas

XORNADAS TÉCNICAS

Para consultar o programa de Xornadas Técnicas e Obradoiros de Previsel 2008, pulse aquí.

Se desexa participar pulse aquí ou chameó 00 34 988 36 60 30. Inscrición gratuíta.

Para consultar o díptico promocional, pulse aquí.


SECTORES

MUTUAS

SERVIZOS DE PREVENCIÓN ALLEOS

GABINETES DE ENXEÑERÍA

EQUIPAMENTOS

MATERIAIS DE SEGURIDADE 

MAQUINARIA

ASESORÍAS LABORAIS

ORGANISMOS PÚBLICOS E PRIVADOS

FUNDACIÓNS

FORMACIÓN

 

 

 

 

 



© Expourense 2006 Información xeral e Aviso Legal