Presentación
Expourense organiza EXPOENTER 2006, Salón Multimedia e das Telecomunicacións, que chega a súa sétima edición e no que se pretende reunir ós sectores máis representativos do mundo das novas tecnoloxías.
EXPOENTER foise consolidando até se converter nun punto de encontro dos sectores multimedia, telecomunicacións e a informática.
EXPOENTER permitirá observar o panorama actual das novas tecnoloxías na nosa comunidade contando coas empresas máis relevantes e innovadoras do sector, cunha imprescindible referencia á Escola Superior de Enxeñería Informática de Ourense e a súa colaboración nas Xornadas Técnicas, a Tecnópole e os servizos que presta, así como á Direccion Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información e á Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual da Xunta de Galicia.
O mundo das telecomunicacións estará representado polos principais operadores de telefonía do mercado e terá un papel relevante.
EXPOENTER ten dous obxectivos básicos:
- Presentar as últimas novidades a empresarios e particulares.
- Fomentar o achegamento ó gran público das ferramentas de telecomunicacións que se fixeron imprescindibles na vida cotiá.
Expourense quere facerse eco das últimas novidades do mundo da informática e descubrir as novas tendencias.
Nos últimos anos, a tecnoloxía convertiuse nunha ferramenta imprescindible na sociedade actual a todos os niveis, sexa persoal ou profesional.
O uso dos adiantos tecnolóxicos nas empresas pasou de ser un simple elemento de mellora a se converter nun instrumento fundamental para aumentar a súa competitividade no mercado.
O son, a imaxe e máis o audiovisual son outros sectores que o convirten nun punto de encontro imprescindible para visitar.
O Salón incluirá xornadas técnicas onde as empresas tecnolóxicas e informáticas son as protagonistas.
EXPOENTER trata de captar a atención tanto do público en xeral como de visitantes profesionais, representantes de institucións públicas e entidades do mundo da cultura en xeral.
Neste contexto preséntase a sétima edición de EXPOENTER, que se celebrará do 30 de marzo ó 1 de abril de 2006.
EXPOENTER ofrécelle unha magnífica oportunidade para satisfacer a demanda de información sobre as últimas novidades, como usuario ou como empresa.
Sectores
- Hardware
- Software
- Aplicacións e Servizos Multimedia
- Telecomunicacións
- Videoconferencia
- Impresión dixital
- Reprografía
- Teletraballo
- Operadores
- Aplicacións de deseño
- Comercio Electrónico
- Electrónica
- Provedores de Internet
- Deseño Web
- Mantemento de sistemas
- Telefonía Móbil e Fixa
- Bases de Datos
- Cine doméstico
- Son e Imaxe
Xornadas Técnicas
As xornadas técnicas incluídas no programa constitúen a auténtica columna vertebral de EXPOENTER e están organizadas e dirixidas pola Escola Superior de Enxeñería Informática de Ourense.
O emprego das novas tecnoloxías en calquera ámbito require dunha formación previa e específica que nos permita facer uso destas ferramentas ó noso alcance, da mellor forma posible para sacarlles o máximo rendemento, xa que de nada nos serve posuír o último se descoñecemos a aplicación práctica para as nosas necesidades.
Expourense ofrecerá a posibilidade de asistir a unhas xornadas técnicas que terán como obxectivo achegar esta realidade ós empresarios e cidadáns.
As xornadas diríxense tanto a empresarios e profesionais como ó público en xeral.
Os visitantes profesionais poderán profundizar en diversos temas a través da asistencia a conferencias e mesas redondas.
Para o público en xeral, EXPOENTER constitúe o mellor punto de encontro para poñerse ó día no que se refire a novas tecnoloxías. Mozos e adultos poden aproveitar para adquirir coñecementos ou actualizalos.

Entre os obxectivos das xornadas destacan:
- Amosar ós profesionais as últimas novidades no sector facilitándolles o acceso ás mesmas.
- Fomentar a necesidade do uso das novas tecnoloxías como medio para mellorar a competitividade da empresa.
- Achegar o mundo da informática ó público en xeral a través de demostracións prácticas, nas que poderán participar directamente ou ben completar a súa formación segundo o grao de coñecemento do sector. Obradoiros, conferencias e mesas redondas forman parte do programa que a organización ten preparado.
Concurso de Proxectos Tecnolóxicos
Un ano máis celébrase o Concurso de Proxectos Tecnolóxicos, na súa 6ª edición, patrocinado pola Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información e a colaboración de Telefónica e Caixanova. O alumnos recén titulados de grao medio e superior das universidades galegas presentarán os proxectos de fin de carreira.

Os proxectos son seleccionados polos responsables das Escolas, de xeito especial os que se achegan á realidade e teñen unha maior aplicación empresarial. Despois presentaranse diante dun xurado que escollerá ós gañadores do premio EXPOENTER nas distintas categorías. Consultar as Bases do Concurso
XOVES, 30
11:00 – 14:00 e 16:00 – 21:00 h. Exposición dos traballos participantes no 6º Concurso de Proxectos Tecnolóxicos no espacio feiral. Atención polos autores.
VENRES, 31
16:30 h. Selección dos finalistas por parte do xurado.
18:30 – 19:30 h. Presentación dos proxectos finalistas.
20:00 h. Fallo do xurado e entrega de premios.
SÁBADO, 1
11:00 – 14:00 y 16:00 – 21:00 h. Exposición dos traballos participantes no 6º Concurso de Proxectos Tecnolóxicos no espacio ferial. Atención polos autores.
|