10º OPEN INTERNACIONAL DE AJEDREZ. CIUDAD DE OURENSE

Toda a información en www.xadrezourense.com

O vindeiro Domingo 29 de outubro de 2017 celebrarase a décima edición do Festival Internacional de Xadrez Deporte e Ciencia para a Xuventude. Este torneo reunirá a mozos de Galicia e Portugal como ven sendo tradicional nas últimas edicións desputadas. O evento será unha das últimas probas puntuables para o Circuito Galego 2017 (Proba oficial da Federación Galega de Xadrez), e como ven sendo habitual nos últimos anos, a proba máis participativa de todas cantas se realizan na nosa autonomía pertencentes a este circuito destinado a xoves xadrecistas de entre 6 e 18 anos.

Organizado polo Club Deportivo Xadrez Ourense, a décima edición deste Festival contará cuns 300 participantes de entre 6 e 18 anos, escolares e federados procedentes de toda a Cidade, Provincia, resto de Galicia, e incluso Castela e León ou Portugal. 

Estos participantes pertencen a diferentes clubes, entre eles os máis potentes do panorama local, provincial e autonómico, incluso do norte de Portugal, como o propio Club Deportivo Xadrez Ourense, Liceo de Ourense, Universidade de Ourense, Xadrez Celanova, Xadrez Verín, Fontecarmoa de Vilagarcía de Arousa, Círculo Ferrolán, Círculo Chantadino de Xadrez, Ben-cho-sei de Pereiro de Aguiar, entre outros. Haberá unha importante afluencia de xogadores lusos que pertencen a diferentes clubes, como a Escola Xadrez Porto, Xadrez Mirandela, Pedras Salgadas, Didaxis, e Rebordochao.

O evento contará coa participación de numerosos deportistas con ránking internacional, feito que, unido á calidade dos premios e á cantidade dos deportistas reunidos, convertirá a esta cita ourensá nunha das máis consolidadas e concorridas do calendario anual galego.

Os participantes estarán divididos en 5 categorías (Sub-18, Sub-14, Sub-12, Sub-10, e Sub-8). Todos os mozos e mozas que tomen parte na proba recibirán un trofeo conmemorativo, ademais de participar en múltiples sorteos de material deportivo e formativo preparados pola organización.